XENTE DO PASADO – Persoeiros de S. Cristovo de Cea

XENTE CEANA

(José Ricardo Rodríguez Pérez)

Tomás María Mosquera García (1823-1890).
Nado A Torre de Castrelo, a nai de Veiga-Salamonde e o pai de A Torre de Castrelo de Cea.
Ángel Sevillano García (1906-1989).
Nado en Vigo, de pai de Peleas de Arriba (Zamora), e a nai do Fondo de Cea.
Julio Tizón Diz (1917-1999).
Nado na Vila de Cea, de pai torronés, (Señorín-Ourense), e de nai capitalina ourensá.

TOMÁS MARÍA MOSQUERA GARCÍA
(Castrelo de Cea 11-11-1823, Madrid 30-4-1890)

TOMAS Mª MOSQUERAO ceano Tomás María Mosquera García deputado por Ourense.
Retrato tomado da Enciclopedia Unv. Ilustrada, de J. Espasa e Hijos.
Tomo XXXVI, Barcelona ano 1911.

Tomás María MosqueraTomás María Mosquera García
Retrato de José Suárez (1868-1869) (Rede)
exposto na galería de ‘Retratos de políticos españoles del s. XIX’.

Don Tomás María Mosquera García avogado, de tendencia liberal, presentouse ás Constituíntes de 1869 resultando elixido deputado polo distrito de Ourense. Foi ministro de Ultramar con Ruiz Zorrilla en 1871 e novamente en 1872, ocupando en 1874 baixo a presidencia do duque da Torre a carteira de Fomento. Tras a restauración borbónica en España en 1882 foi nomeado senador vitalicio e desempeñou tamén a vicepresidencia do Senado. Nestos cargos abanderou axeitadas disposicións de goberno.
Antes de tratar sobre da partida bautismal de Tomás María, plasmamos a do casamento dos seus pais Pedro Mosquera e Isabel García, e de seguido resumímola habida conta o mal estado do libro sacramental de santa María de Salamonde:

CASTRELO-CASAMENTO PAIS‘1-6-1818 – … Matrimonio que contrajeron Pedro Celestino Venancio Mosquera Vázquez, hijo de Jerónimo y Felipa, vecinos de la Torre de san Ciprián de Castrelo, e Isabel García Pérez de don José y doña Maria, vecinos del lugar de Veiga de esta parroquia de Salamonde’.

Tomás María naceu no lugar de A Torre de Castrelo e sacramentalizado en San Cibrán de Castrelo o 11 de Novembro do 1823:

Tomás Mª. BAUTISMOResumo da partida.
Px 753V. 11-11-1823- Tomás María Mosquera García, fillo de Pedro Mosquera Vázquez, veciños de Torre de Castrelo, e de Isabel Garcia Pérez.
Avós paternos: Jerónimo Mosquera e Felipa Vázquez veciños de A Torre de Castrelo de Cea.
Avós maternos: don José García, defunto, e María Pérez. (Casaran o 28-12-1784. María tiña 14 anos). Foi seu padriño o presbitero Thomas García veciño de Veiga de Salamonde.

Logo de Francisco, Tomás foi o segundo fillo do matrimonio de Pedro Mosquera Vázquez y de Isabel García Pérez. O seu pai era natural de Castrelo de Cea, e a nai nacera no lugar de Veiga da freguesía de Santa María de Salamonde. Os seus avós pola liña ceana da freguesía de Castrelo, o eran Jerónimo Mosquera, veciño de A Torre, e Felipa Vázquez era de Anllo, freguesía de Castrelo; e pola de Salamonde don José García y María Pérez veciños de Veiga.

Datas dos bautizos dos fillos de Pedro Mosquera e de Isabel García :
Francisco o 3-8-1819.
Josefa o 18-9-1821.
Tomás Maria,11-11-1823.
Andrés o 30-11-1825.
Mª del Carmen o 19-2-1828.
Domingo Antonio o 16-10-1830.
Felipe o 9-7-1832.
Teresa o 16-10-1834.
Bernardina o 10-8-1836.

Aínda que os libros sacramentaís non nos deron toda a información que coidábamos precisaba o traballo. Si puidemos aportar partidas esenciáis e outras colateráis para genenealoxía do noso protagonista don Tomás María Mosquera García.
Como complementarias as bautismáis dos avós paternos de Tomas Mª: Jerónimo e Felipa, que resumimos :
‘25-10-1760 – Jerónimo Mosquera Alonso, fillo de Esteban e Juana, veciños de A Torre de Castrelo.
Avós paternos Jerónimo Mosquera e María Bravo de A Torre
Avós maternos Andrés Alonso e Margarita’.

‘7-11-1766 – Felipa Vázquez Noboa, filla de Bernardo e de Josepha, veciños de Anllo (de Castrelo)’.

CASTRELO-1ªSan Cibrán de Castrelo (Cea), templo do s.XVIII. No átrio un fermoso Agnus Dei deitado.
(Ángulo esquerdo inferior na fotografía).

CASTRELO-2ª

 AGNUS DEI-df No átrio un fermoso e deitado Agnus Dei. (Así supoñemos o que en tempos sería o conxunto)

Entre varios exemprares escollimos o que o noso entender foi o Agnus Dei de Castrelo, semellanteos doutros templos románicos da contorna. A desaparecida cruz antefixa, cuxo estilo imos argumentar: ‘fermosas cruces antefixas maiormente caladas como elementos moi singulares’.

San Cibrán de Castrelo era no antigo réximen era dependente da orden benedictina; masculino primeiro e logo feminino mosteiro de San Paio Antealtares, hoxe en día o é de clausura.
Na fornela dá fachada do templo de Castrelo unha pétrea imaxe de santa Águeda. Polo san Brais, santiños venerados no templo, acoden a Castrelo moitos devotos e romeiros da bisbarra. Aquí festexan o santo avogoso da garganta o 3 de Febreiro, e a siciliana santa Águeda o día 2, cando noutras freguesías o fan o día 5, data do seu martirio.
No átrio emprazaron un fermoso Agus Dei (vértice inferior esquerdo da fotografíaa da eirexa), que perdida a súa cruz antefixa, con boa intención pero non acertada, colocáronlle unha cruz recta, feitura que sen lugar a dúbidas debe outorgarselle a un mestre canteiro dos moitos e bos que hai na contorna, descendentes de cuadrilleiros vidos de Terra de Montes e bisbarra. Esta fermoso e escultório Agnus Dei nos leva a aventurar que noutrora ou templo foi románico, salvo craro está, incerto parécenos, que trouxéseno doutra freguesía.
Os templos, en sobre maneira románicos, vense coroando os piñóns dás naves e dás ábsidas pétreos cordeiros en posición deitada; os ‘Agnus Dei’ acollendo fermosas cruces antefixas maiormente caladas, coma exemplo o modelo que recollemos na outra fotografía, cruces moi singulares sobre todo pola complexidade do labor escultórico. Magoamente son escasos os conxuntos, Agnus Dei con cruz, que chegaron ata nós.
Sendo de primeiras nada doado de demostrar, e tampouco é cousa de pararse a intentalo agora, se comenta que tanto os destros da freguesía de Castrelo, coma o templo de que hoxe dispón foron doados pola familia Mosquera. Catro xeracións dos Mosquera: Tomás Maria Mosquera e seus irmáns, seus pais Pedro e Isabel García, sobre de 1825, os avós Gerónimo e Felipa Vazquez, sobre de 1775, bisavós Esteban e Juana Alonso, sobre de 1750, os seus tataravós Gerónimo e María Bravo cos que nos achegamos ata o mais menos o ano 1700. Tanto a casona de A Torre, coma o mesmo templo de Castrelo, aventuramos a predecir que se deben o impulso dos avós de Tomás María: Gerónimo e Felipa Vazquez.
Retomemos a parte xenealóxia do noso protagonista resumindo a partida bautismal de Isabel García Pérez, a nai do ceano Tomás María Mosquera , filla do tamen licenciado José García:
‘5-7-1795 – Isabel Thomasa García Pérez, de José García y de María Pérez, veciños de Veiga (Salamonde).
Avós paternos Raimundo García e Ana Rodríguez, veciños do lugar de Veiga. (Casaran o 7-1-1733).
Avós maternos: Juan Antonio Pérez e Bernárda Rodríguez, de Otero Abad, desta freguesía de Santa María de Salamonde. (Casaran o 14-12-1752)
Apadriñouno Don Thomás Taboada, veciño de Barrio da mesma freguesía de Salamonde’.

O 18-8-1789 no mesmo templo recibe o bautismo Tomás María, tío de Tomás María Mosquera, apadriñado tamén polo mesmo Don Thomas Taboada.
E xa para rematar coa xenealoxía por Salamonde de Tomás María Mosquera, recollemos a partida do casamento dos seus avós maternos antes aludidos :

‘28-12-1784 – Don José García Rodríguez, fillo de Raimundo García e Ana Rodríguez, veciños de Veiga (Salamonde), con María Pérez Fernández, filla de Juan Antonio e Bernarda, veciños de Outeiro-Abad (Salamonde)’.

Don Tomás María Mosquera casou en san Cibrán de Carballiño; Partida en resumo:
‘Tomás, maior de vinte e oito anos licenciado en xurisprudencia, con licencia previa do párroco de san Cibran de Castrelo de Cea, matrimoniou en san Cibrán de Señorín o 10 de Marzo de mil oitocentos cincuenta e un con dona Amalia Fernández Taboada , solteira, maior de vinte e dous anos, filla de Valentin Fernández de Maside e de Carmen Taboada da vecindade de Vilatuxe-Lalín (Pontevedra)’.

CASTRELO.3ª.torre.IMG_0771Todo parece indicar que o conxunto de casas a man esquerda, co seu reloxo de sol, debeu se-laFamiliar casa de don Pedro Mosquera Vázquez e dona Isabel García Pérez no lugar de
A Torre da freguesía de san Cibrán de Castrelo (Cea), do que tamen era Jerónimo, pai de Pedro, por ende de Tomás María Mosquera.

 CASTRELO.4ª.IMG_0782Entrada ó lugar de A Torre de Castrelo achegándose desde o lugar de Eirexa de Castrelo,
desde a estrada autonómica OU O405, Maside-Cea.

Don Tomás María recen cumpridos oito anos xa rematara os estudos do primeiro ensino, pasando da escola de Castrelo a san Eusebio da Peroxa a estudar durante dous anos co profesor de latinidade e cura párroco de dita freguesía don José Benito Dorado, quen congregaba a estudantes dá contorna, e de seguido tendo en conta o afán de superación, pasou o seminario Conciliar de San Fernando para estudar filosofía. Seu irmán Andrés seguiu a asentou na vida eclesiástica chegando a coengo da SIC de Lugo. Tomás María pasou a Universidade de Santiago de Compostela, onde cos parabens do profesorado e dos compañeiros quen con só vinte anos, 1843, cada o título da licenciatura en Dereito.
O reputado avogado de san Juan de Camba (Rodeiro-Pontevedra) don Manuel Mª Diéguez Vello, casou o 27 de Novembro de 1826 en Santa María de Salamonde con Carmen García , irmá de Isabel, a nai de Tomás María, amosando para sacramentaliza-la unión a certificación de libertades de tres curas párrocos: de Santa Susana de diócese de Santiago onde estivo un tempo, de don José Gil de san Juan de Camba, onde naceu, pertencente a de Lugo, e don José Viso tte. cura de Santa Comba do Treboedo, onde tamén residiu, tiña raices e fixo familia, e tamen participaba na vida da freguesía, de feito consta como testigo das contas de fábrica parroquial en 1858 i en 1862 , daquelas xa casado.
A relación con Santa Comba de Manuel Mª Diéguez Bello, tío de noso protagonista don Tomás María Mosquera, foi ampla e moi achegada; seus pais don Ramón e dona Josefa casaron en santa Comba o 22-5-1794 , onde era natural súa nai, filla dos facendados don Andres Vello, e dona Francisca Fernández, fundadores da pétrea a abovedada capela do Carme, engadida a absida do fermoso e románico templo de santa Comba.
Nos libros sacramentais desta freguesía están asentados o bautismo dos sete fillos do matrimonio Manuel Mª Diéguez e de Carmen García. Vicente o maior nacera en Abril de 1826 sete meses antes de matrimoniar, quen por certo casaría no Maside de freguesía de Amarante con Natividad Fernández, filla do industrial e alcalde de Maside don Juan Bernardo Fernández.
Tomás María Mosquera recibiu consellos do seu tío don Manuel Mª Diéguez e traballou ó seu carón. Logo montou bufete propio pasando a exercer a avogacía en provincias durante sete anos, e o comezo deste período a veciñanza de Cea o reclamouno para formar parte do goberno municipal como tenente alcalde, e logo rexedor, e tras dous anos no concello cesou no ano 1846 para sumarse ó movemento Galicia. Foi logo compoñente da súa xunta revolucionaria e representou de seguido a Galicia no comité central.
No ano 1850, e na primeira oportunidade, desde a bisbarra o propuxeron a súa candidatura á Córtes, e aínda que foi vencido nesta contenda non parou a súa actividade de xurista desempeñando o cargo de secretario da sección do contencioso administrativo do Tribunal Supremo. Logo voltaría á carreira política ó resultar elexido deputado pola circunscrición de Ourense, sinalándose nesta lexislatura na deliberación do proxecto da abolición da esclavitude en Puerto Rico.
Non quedan aí os méritos de don Tomás María, por canto logo sería ministro de Ultramar no derradeiro goberno de Amadeo de Saboya , cargo que abandoou cando a súa proposta de abolición no foi aprobada, e que por certo non chegaría a seren lei ata os tempos de República con Castelar, que conseguir que o Congreso mailo Senado votaran xuntos a que fora proposta do ceano.
Para rematar tomamos o comentario verquido no “El Eco de Ourense” do 18 de Xuño de 1884:
`Todo había sido lógico en su vida pública. Sus actos y sus evoluciones respondían siempre a los principios liberales a los había rendido fervoroso culto´.
Don Felipe Mosquera García, veciño de Castrelo de Cea, de 54 anos irmán de don Tomás María, era catedrático de matemáticas no Instituto de Ourense do que foi director desde o 24 de Xaneiro o 25 de Agosto de 1874. Felipe testou ante don Francisco Cuevas y Cambra , deixando ao seu sobriño don Juan Crespo, abade de Santa Eulalia de Boimorto, 1.000 pts. Ao carecer de descendentes, deixou a partes iguais aos seus irmáns Francisco e Tomás veciños de Madrid, e como finara o seu irmán Tomás María o 30-4-1890, aos seus fillos: Augusto, Anxo, Carmen, Amalia, e tamén a parte correspondente a Andres, esoutro irmán, cóengo este da SIC de Lugo.
Partida bautismal de Augusto, fillo de Tomás María e de Amalia Fernández :
‘18-7-1852 – Augusto Valentín Mosquera Fernández, fillo de Tomás Mª Mosquera Lcdo. en leis, natural Torre de Castrelo, e de dona Amalia Fernández. Taboada, veciña do Carballiño.
Avós paternos: don Pedro Mosquera natural de Castrelo, e dona Isabel García natural de Veiga de Salamonde
Avós maternos: don Valentín Fernández natural de Maside e dona Carmen Taboada de Vilatuxe (Lalín)’.
Augusto, tamen foi político, carreira favorecida pola influencia do seu pai, e precisamente despregando a súa labor en Madrid finou o 21-2-1888. Era deputado en Cortes polo distrito do Carballiño. Salientable da súa carreira política o seu espíritu democrático, amén de constar como propoñente da abolición da pena de morte.
O sogro de Tomás María Mosquera, don Valentín Fernández, masidao, dó comercio do Carballiño, era irmán de Juan Bernardo Fernández, empresario dás fábricas de papel de Bouteiro (Sagra) e da Lavandeira en Longoseiros; alcalde este do concello de Maside en varios mandatos, promotor e rematador do fermoso consistorio coa súa emblemática torre municipal. Don Valentín finou demente con 50 anos, xa viúvo de dona Dª Carmen Taboada. Fillos, Amalia, dona de Tomás María Mosquera, e o daquelas solteiro Eladio Fdz. Taboada.

CASTRELO-5ªPeto de Ánimas de Castrelo sobre laxa.
Derrumado, afrentado, roubado; pero de novo recuperado.

ÁNGEL SEVILLANO GARCÍA
Vigo, 1906; San Cristovo de Cea, 1989
Da RAG, xornalista, poeta e prosista

ceaANGEL SEVILLANO- CARLOSMASIDEÁngel Sevillano García, óleo de Carlos Maside (GEG)

Ángel naceu en Vigo o 25-7-1906, o seu pai Gorgonio Sevillano Gutiérrez, telegrafista era peleíno, natural do lugar de Peleas de Arriba, concello zamorano de Corrales del Vino, onde era María da Cruz, a avóa paterna, e de Argujillo de Arriba, lugar tamén zamorano, o seu avó Luis Sevillano.

PELEASAvós maternos: María Vázquez da vila de Cea, e o natural de Oseira, José García. A nai de Ángel, Purificación García Vázquez era veciña da materna casa do Fondo de Cea, lugar onde de neno o escritor viviu o carón dos seus avós maternos, e xa de maior sempre que podía botaba tempadas na Terra do Pan, tanto foi así que non deixou de acordarse de Cea nos derradeiros días da súa vida. Os seus restos mortais descansan no monumental camposanto de Cea desde o 14-12-1989, no entorno das fermosas pétreas esculturas de Antón Failde, das que as loas de Ángel parecían prever cal seria a súa última morada, mesmamente fronte doutra referencia final para calquera ceano: a palmeira.

CASTRELO-6ªO centro do camposanto ceano predominan as fermosas esculturas dos evanxelistas
de Antón Failde: Mateo, Marcos, Lucas e Juan, o caron dos catro cipreses e a palmeira.
O panteón medio partido que vemos o fondo a esquerda, e o de Ángel Sevillano.

No mesmo nicho de Ángel acolle as cinsas da súa dona Carmen Estremera Rincón, soterrada o 5 de Xuño do 2009. Nos nichos dabaixo están as irmás de Angel, desde o 14-11-1989: Mª del Carmen, e do 8-5-1988 as de Mª Purificación, nacidas o 17-6-1899, e 7-3-1908, respectivamente.

CASTRELO-7ªPanteón en Cea da familia Sevillano García – Estremera

Ángel fixo estudos comerciáis e de idiomas pero pasou a súa acividade fundamental o xornalismo.
A debilidade de Ángel foi o papel da vida cotiá das xentes da montaña, as panadeiras e o seu ceano pai, e os oficios ruráis, que os acolleu en ‘Paisaxe nun pandeiro’ nun dos seus libros: ‘Historias do canizo’, editado por Galaxia no ano 1979.
Ángel foi redactor xefe de ‘El Pueblo Gallego’, director e colaborador de Grial e do Anuario de Vigo; Foi membro correspondente da Real Academia Galega e premio nacional de periodismo no ano 1943.
A este vigués, e ceano, a súa profesión non o privou de publicar a cotío tanto en prosa coma no eido poético, xunguido o cariño ós paisanos, as cousas da terra, o aire, arboredas, os eidos, o espigado pan… E aínda así o seu fino humor prevaleceu da man das propias vivencias cos costumes de mozos e vellos.
Xa ós dezaoito anos escribiu os primeiros versos, e xa como poeta entregado editou tres libros: ‘O Amor, o mar, o vento, e outros gozos’, o ‘Muiño Albeiro’ e ‘Terra de Liñar’, precisamente desta entrecollemos o ‘Paisaxe no mencer’:

A frol da paisaxe exulta,
no morno sol recen nado.
Ergue o neboeiro. O veto
Abana a herbiña do prado.

Medoucos de millo novo,
ouro vello nos viñedos;
un carreiro entre os nabales
na soedade dos eidos.

Espallados na campía,
os ocres vivos do gando.
Nos comareiros o bimbio;
No monte miudos carpazos…

Sobre da poética dicía Ángel:
‘Pra min o poesía, por enriba de fórmulas e de arquiteituras, e somentes unha cousa: sentimento. Non comprendo o cerebral, que, por boque sexa, soméllame a negación da poesía; ou millor aínda, do sentimento poético, que é o importante. Que o corazón diga a súa mensaxe sin preocupaciós de ningunha cras, sen encaixalo en formas…
Emporiso a métrica non ten importancia, ni a ten a consonancia, que non debe supoñer pra o poeta unha preocupación…
O poeta galego está circundado pola paisaxe, crucificado nela. A paisaxe e a súa fonda beleza fai sotil, fina, delicada a poesía galega. Non femenina, que antre os nosos poetas hainos ven barudos e rexos. É unha custión puramente temperamental’.

Foille outorgado o Premio Nacional de Periodismo no ano 1943, o Premio Ciudad de Vigo, e o Gran Premio Vigo de Cinematografía.
Da labor poética de Ángel pai suliñamos Terra Liñar, As dornas da Preguiza, O Amor, o Mar, o Vento e Outros Gozos, e O Muiño Albeiro.
Ilustre veciño de Cea a tempo parcial, fixo algunhas valoracións da vila. Así, deixou escrito que na torre de Cea traballou o grande escultor Antonio Faílde cando era aínda novo, artista que morría en Xuño do mesmo 1979, ano no que vía a luz a obra de Sevillano, na que dá a noticia que mentres traballa na torre de Cea “paraba (lémbrome ben) na casa do Patricio”. É, pois, unha testemuña de Failde aquí. Cea acolle unhas das súas mellores obras: os Evanxelistas do novo camposanto. O vello estivo no campo arredor do templo do Fondo de Cea.
Nos medios escritos nos que traballaba Ángel, “El Pueblo Gallego”, ou colabouraba como faía nas revistas “Arte de Galicia” e “Vida Gallega”, gabou obra de Julio Tizón Diz, persoeiro do que falaremos de seguido.
Co arriba sinalado “Historias do Canizo” Ángel tentou facer unha biografía da Terra do Pan, a terra da nai e dos avós maternos, plasmando o falar da veciñanza e como non, das xentes da Serra Martiñá.
Ángel casou con Carmen Estremera Rincón, quen ó pasou ó alén na cidade olívica en Xuño do 2009 aos 97 anos. Foron catro os fillos do matrimonio: Ángel Jesús, Carmen e Mª Eugenia Sevillano Estremera.
Os funerais polo seu eterno descanso tiveron lugar no templo de San Cristovo de Cea (igrexa do Fondo de Cea), e os seus restos mortais están no sártego familiar a carón dos de Ángel.
Ángel Sevillano Estremera naceu Vigo en 1942. Estudou nas escolas de Bellas Artes, por canto xa de pequeno apuntaba seren virtuoso da pintura, e o seu pai, amiguiño de pintores soubo encauzar a súa inclinación a carón dos seus amigos artistiñas da cidade olívica. Prolífico autor que paseou varios paises, e cidades da península. E Carmen Sevillano Estremera, tamén nacida en Vigo en 1947, licenciouse en Historia del Arte Filosofía e Letras, é autora de fermosas obras que tiveron acollida en publicacións e por descontado en repetidas exposicións. Carmen fixou a súa residencia na capital de Galicia.

‘Cea ten singularidades que a diferencia doutras vilas da nosa xeografía e dánlle un perfíl distintivo que para min ten moito encanto.
Outra das singularidades da vila de Cea eran os tolos –en tódolos lugares críanse tolos, Cea un deles-. Verdadeiramente, aquel era o paradiso dos privados. Os fornos acollíanos na invernia, e o corazón das panadeiras tiña sempre para eles un anaco de picuri. Nin pasaban fame nin quedaban a friaxe, a neve, a chuvia nin ao vento marañís. Tiñan decote acolleito seguro, e todo isto parece que fixo que caeran en Cea tódolos tolos da provincia, coido eu, do tempo de que estou a falar.
A nómina sería moi longa. Foi debecendo pouco a pouco segundo foron morrendo ou ían parar os asilos.

OS TOLOS
O CHELLAS
(Sic) ‘Por ali atopabase O Chellas, que tina a forza dun cabalo e andaba cunha enxada tan grande que lle cobria tódalas costas si a levaba ao lombo. Tiña a cisma do ouro, e levaba sempre cheos os bulsos dos calzos, e máis un saquiño a modo de faltriqueira atado no cinto, de cantos coios con vetas roxas ou douradas topaba no monte ou nos camiños.
A teima do de Nogueira era Portugal. O primeiro que lle preguntaba a xente era si coñecia Portugal. Debeu andar por ali cando mozo i enxarmais se lle esquecia’.

O CARROUCHO
(Sic) ‘O Carroucho era o Gran Principe dos tolos de Cea.
Home de paz, sempre sorrinte, de pouca verba, pero de fala limpa. Poucas veces se enrabexaba, e tiñan que turrarlle moito do xenio pra alporizalo.
Gustaba tamen do viño e do pitillo, pero a su paixon era o xogo. Asegun se decia, foi percisamente o xogo o que o levou a tolear, anque outros aseguran que foi cando levaron a cadea a seu irman Francisco, apoñendolle a morte do abade de Longos, o que a final resultou non seres certo’.
‘O que máis caracterizaba ao Carroucho era seu amor polo lume. Facer unha fogueira eralle a felicidade total. Axuntaba bosteiradas xa enxoitas das vacas (con perdón) e cagallas das bestas, que metía antre o peito e a camisa, e papeis e garabullos hastra facer un feixe diles.
O Carroucho, que xa teño dito que era home de paz, que non buscaba lerias e por eso lle queria ben tododios, puxose a trepar na braseira cos seus pes espidos, pois enxamáis aturóu zocos nin alparagatas fixera o tempo que fixera, mentras decia polo baixo:
-Hai razón, hai, hai razón…-
Non habia medo de que se queimara. Tiña nos pes unha codia dun dedo de grosor, coma o casco dunha besta, fora a ialma, que a non furaba unha brocha das de ferrar os zocos’.

Finalmente, permítaseme que me despida cun poema do membro da Real Academia Galega, A. Sevillano, que leva por título: “Paisaxe. N´un pandeiro”. Di desta maneira:

 

“Paisaxe. N´un pandeiro”

Díante dos ollos de si ou de non,

o buscapés da carretera:

¿pr´o Carballiño das moitas fontes,

ou pra os soutos de xunto a Cotelas?

Enriba o castro de San Facundo;

embaixo a ponte román da Mirela…

Xeografía das margaridas,

ben o sabemos eu e mais ela.

Os melros andan facendo a vendima;

a cotovía aniñou na toxeira

que ten recendos de pavieiro,

mestas agullas de costureira.

Camiño embaixo, camiño enriba,

seguindo a costa da Madanela,

hai zugazumos´e cabrinfollos,

silveiras bravas huces e xestas…

¿Piñeiros?, farta por todas partes;

¿carballos?, hainos cantos se queiran

na Pelegrina do Arenteiro

e mais na Santa María d´Oseira.

¿Imos pr´as fontes do Carballiño,

ou para os soutos do pé de Cotelas?

Xeografía das margaridas,

ben o sabemos eu e mais ela.

 

Nota: Angel Sevillano García, según la G.E.G. del que vierte una escueta pero jugosa semblanza Tomo 28, nacio en Vigo el 25-7-1906, pero en el cementerio parroquial de San Cristobo de Cea, en uno de los pocos panteones de tres pisos, al fondo del camposanto, adosado al cierre en el lado opuesto al de la entrada, constan que nació el 25-6-1906, y falleció y está enterrado en este panteón, el 14-12-1986.

JULIO TIZÓN DIZ
(San Cristovo de Cea, 1917- Ourense, 1999)
Pintor e debuxante

JULIO TIZÓN-CARICATURAJulio Tizón Diz, con 39 anos, por Manuel del Arco Álvarez
Periodista e caricaturista de La Vanguardia.
Entrevista con caricatura publicadas o 10 de Marzo de 1956.

Julio Tizón González, pai do noso protagonista, era natural do lugar de Torrón pertencente a da antano freguesía de Señorín. Exercía a medicina en Cea, e a súa nai, Emma Diz Losada era natural da cidade de Ourense, onde tamén era Manuel Diz García, seu pai, e a nai Josefa Losada Mazaira de orixen chantadino, aínda que era veciña do pontevedrés lugar de Cabreira.
Sobre da obra pictórica de Julio Tizón recolle o Diccionario Enciclopédico Espasa :
Su pintura es fuerte, contrastada, de mirada llena, limpio de paleta y de contundente colorido, llena de aire, de tierra, de prado, de buen falar gallego sin contaminación…
Don Julio Tizón viviu a maior parte da súa vida en Extremadura, onde casou o 2 de Marzo de 1968 coa norbiense dona María Victoria Álvarez Álvarez natural da capital extremeña, nas vésperas de cumprir os 51 anos.
En Cáceres acadou recoñecemento unánime, e na súa última etapa pictórica retornou a Ourense e no número 15 da rúa Irmáns Villar fixou a derradeira residencia, na que pasaría ó alén o 5 de Abril de 1999 .
Nesta etapa pictórica da volta as raices, tivo apoio da Deputación, ata o extremo de que lle cederon salas do Edificio Simeón para acoller nelas seu estudo. O ceano Julio Tizón lle doou o primeiro organismo provincial parte da súa obra. Dase a coincidencia de que no ano do seu pasamento a Deputación editou o traballo do pintor cacereño Vicente Macias `Tizón, volumen de cinco artistas ourensáns´.
A prensa recolleu que en colaboración coa dona María Victoria, á súa viuva, a Diputación estaba disposta a crear un espazo museístico para a figura e a obra de Julio Tizón, nalgún edificio recuperado de Ourense ou creando salas exclusivas no pazo de Vilamarín, os propósitos non coallaron, quedaron neso.

Debuxos de Julio Tizón Diz

julio Tizón.dbj1º             Pulpeira ó pe do pote

Juio Tizón-dbj-2º      Mulleriña aventando o pan co cribo

“Julio Tizón Diz es un pintor gallego. Es sordomudo y utiliza para pintar los dedos en lugar de los pinceles. Su pintura es fuerte, Mis noticias eran de que se trataba de un temperamento apasionado que se había decidido por la pintura como vehiculo para expresarse. Para entenderme utilizo las cuartillas; yo escribo la pregunta, él la lee y responde escribiendo ¿Su impedimento físico ha provocado esta inclinación artística?
-Si.
¿A que edad decidió ser pintor?
-A los trece años.
¿Tuvo una niñez difícil?
-Si.
¿Por su complejo?
-Si.
Económicamente ¿padres pobres?
-No, él es médico.
¿Qué hubiera querido ser usted?
-Yo quiero ser famoso.
¿Usted es optimista o pesimista?
-Soy optimista.
¿Cuáles son sus problemas?
-Me gusta más hablar con las manos.
Y a partir de aquí mi personaje intenta hacerse comprender con la mímica. Hasta ahora ha superado su dificultad, pero da muestras de gran nerviosismo.
Yo no se hablar con las manos.
–Sigo el diálogo escrito, ni lo entiendo por signos.
Entonces él señala su pintura, como diciendo que él está ahí y nada más que ahí.
Usted no me importa como pintor. Usted me importa como ser humano y quiero verle por dentro.
Su excitación aumenta al comprender que es dificilísimo entenderse en un lenguaje que no le es habitual. Y vuelvo a escribir intentando hacerlo más fácil.
-¿Ama el dinero? Conteste si o no.
-Si.
Conoce la envidia
-No.
¿Es vanidoso?
-No lo entiendo- Le sorprendente la pregunta.
¿Sabe lo que es vanidad?- Y con el gesto dibujo, como puedo, un tipo vanidoso.
-No.
¿Piensa en el futuro?
-Si.
¿Dónde nació?
-En Cea, Orense.
¿Qué ha estudiado?
-Soy profesor de dibujo. Obtuve el título en Madrid. Curse durante seis años y he obtenido varias matrículas de honor, diplomas etc.
¿Su preocupación?
-Pintura.
¿Donde ha expuesto?
-En Vigo, Madrid, Santiago de Compostela y ahora aquí.
¿Vive de la pintura?
-Si.
Cuales son sus temas preferidos en las conversaciones.
-Familia.
¿Casado?
-No.
¿Tiene novia?
-Si.
¿Le comprende?
-Mucho.
¿Aprendió ella para entenderle a usted?
-En Santiago de Compostela.
¿Ella habla?
-Si.
¿Y como dialogan los dos solitos?
-Con las manos.
Sobran las palabras.

DEL ARCO (Zaragoza, 1909 – Barcelona, 1971).
(Manuel del Arco Álvarez)
Xornalista e caricaturista de La Vanguardia. Esta entrevista e a caricatura de Julio foron publicadas neste xornal o 10 de Marzo de 1956.

No camposanto de san Cristovo de Cea, entrando a dereita, temos o panteón da familia Tizón Diz. Rezan na placa os nomes dos pais de Julio Tizón: Emma e Julio.

ceaIMG_0745-panteón julio tizon DizPanteón onde descansan os restos mortáis dos pais de Julio Tizón Diz,
dona Emma e don Julio, mailos do parente Geno García Fernández.

Deixamos constancia de que José, irmán de Julio, que finara con 29 anos o 20 de Maio de 1948, non foi soterrado no panteón familiar onde nos indican están os restos de seus pais, e si no da familia Rodríguez Portugal, xa que matrimoniara con dona Pilar Rodríguez Portugal.

CASTRELO-9ª.IMG_0747Os restos mortais de Julio que finara na capital ourensana, descansan desde o 6 de Abril de 1999 nun sártego a rentes do chan, tamén no camposanto de san Cristovo de Cea.

AHDOU – Parroquia de santa María de Salamonde. Libro matrimonios (14.14.8)
AHDOU – Parroquia de San Cibrao de Castrelo. Libro bautizados (12.4.2).
Ibídem.
Ibídem.
AHDOU – Parroquia de Santa María de Salamonde. Libro de bautizados (14.14.2).
AHDOU – Parroquia de Santa María de Salamonde. Libro de matrimonios (14.14.8).
AHDOU – Parroquia de San Cibrán e O Carballiño. Libro bautizados (8.5.6).
AHDOU – Parroquia de Santa María de Salamonde. Libro matrimonios (14.14.9).
José Ricardo Rodríguez Pérez; Para Diversarum Rerum, nº 4, revista dós Arquivos Catedralicio e Diocesano de Ourense, ano 2009: ‘Santa Comba do Treboedo, parroquia das Terras de Maside’.
AHDOU – Parroquia de Santa Comba do Treboedo. Libro matrimonios (24.12.3).
AHDOU – Parroquia de Santa Comba do Treboedo. Libro bautizados (24.12.3).
AHDOU – Parroquia de Santa María de Amarante (Maside). Libro de matrimonios (24.1.23).
AHPOU – Protocolos Notariais, Caixa 4113. Data 10 de Xuño de 1887.
AHDOU – Parroquia de San Cibrán e O Carballiño. Libro bautizados (8.5.7).
Ángel Sevillano García. Edt. Galaxia Ano 1979. Paisaxe N´un pandeiro (sic), tomado de Historias do Canizo.
Enciclopedia Espasa-Calpe. Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana. Madrid, de 1934 a 1980.
Rexistro Civil de Ourense, tomo 181, páxina 474. Certificou a defunción a facultativa Mª Jesús Fernández Silva.

Esta entrada fue publicada en Teoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario