SANTO TOMÉ DE MASIDE ‘O VELLO’ (Eirexa románica, s. XII)

 Santo Tome-A EirexaEirexa lugar noutrora habitado onde asenta o templo de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’.
Debuxo do rapaz Armando Julio,’Taxes’, fillo de don Juan Fernández Pérez ‘Xesta’. Maside verán de 1925.

Desde a esquerda a desaparecida rectoral, casas do lugar, a capela da ‘Casa Grande’ cos seus alciprestes, e mesmamente antes da enrexada porta desta capela-panteón, atópase o terreo sártego dun dos poetas masidaos: Manuel Lois Vázquez:

SE HA DORMIDO EN EL SEÑOR, A LA SOMBRA DE LA CRUZ,
VIVE EN LA REGIÓN DE LUZ, DONDE ES ETERNO EL AMOR’.
Cuarteto gravado en ferreña plancha feita na ‘Fundición Malingre’

No ano 1925 tal como nos indica o debuxo, o camiño desde a Vila de Maside o Santo Tomé ‘O Vello’ bifurcábase cara o templo e as casiñas da Eirexa, e mais alá ata o cruce de vías cara a Figueiredo e Canedo, punto onde ata 1914-1915 cando da amplazón dó camposanto, está o fermoso cruceiro reubicado no vieiro central o trasapasa-lo sobranceiro portón de ferro que data de 1915, daquelas única entrada ó conxunto que abranquen camposanto e templo.

No ano 1910[i], antes de agranda-lo camposanto, foille encomendado un plano da planta ó ouseirán perito don Aquilino Sánchez, quen constaba no ano 1921 como director do semanario masidao ‘La Torre de Maside Periódico defensor de los intereses del municipio’, e logo alcalde do Carballiño.

No traballo de A. Sánchez tanto a capela, aínda en pe hoxe, coma a derrubada sacristía, ocupan a mesma superficie, esta datouna Fernández Oxea J.R. no ano 1633[ii]. Dámos como boa a data o non dispor de pegada algunha, pero sempre moi anterior ó 1830 ano do magoado engadido da capela. Para ubicar esta derrubouse a fachada do mediodía, e para adousa-la sacristía á absidal parede Norte rozaron todo o largo da parede, e na amordicada apoiaron os cubreaugas; e se lle abriu unha porta na ábsida.

santome-3276Fermoso cruceiro reubicado no vieiro central do camposanto cara ó alpendre. Un sobranceiro portón de ferro habilita desde 1915 a entrada ó amurallado recinto; ó fondo a fachada Sur de Santo Tomé  O ‘Vello’.

SANTO TOMÉ DE MASIDE ‘O VELLO’, TEMPLO ROMÁNICO (S. XII)

Santomé de Maside-DEBUXOANASanto Tomé de Maside ‘O Vello’, debuxo de Ana Villalva (3-5-2001).
Os dous primeiros sillares do apoio da espadana lle foron engadidos nos anos cincuenta do pasado século para ‘darlle esvelteza’.
No debuxo de ‘Taxes’, o anterior, que data do 1925 a espadana tiña a altura de orixe.

A CAPITALIDADE MUNICIPAL

Maside vila, capitalidade municipal, pertencente a parroquia de san Tome, atópase a uns 20 quilómetros de Ourense, e hoxe moito mais preto no tempo o estar separados por tan só catorce minutos tomando a autovía das Rias Baixas e a A-52 Ourense-Santiago na ponte no lugar de Porto da Cima, preto de Feá (Toén).

A Vila ten estructura urbana, de rúas perpendiculares a un eixe, esta de pendente forzada por terse formado sobre dos camiños, primeiramente sobre o Camiño Real de Ourense a Pontevedra pola Costiña de Canedo, Amoeiro, Ponte San Fiz, A Touza, Eirexa (onde se atopa o románico templo de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, e xa na Vila dos Silleiros polas rúas: Calle Vella, Pousiña, O Pazo, Outeiro, Casanova de Amarante a Ponte Veiga; e a outra vía, estrada N-541, Ourense-Pontevedra que relegou o mentado Camiño Real.

O vértice xeodésico marcado na porta da Casa Consistorial masidá, sinala 378m. de altura sobre do nivel do mar. Os 397m. do fogar de don Juan Bernardo’; 388m. na estrada acceso a Rañoa, por riba dás súas instalacions; 403m. da estrada Ourense a Pontevedra no lugar coñecido como Fonte do Forno; 431m. no cruce da estrada Ourense-Pontevedra, co camiño a A Grova-Puzo do Lago. E xa como remate os moi significativos 400m. de altitude do Couto Redondo de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’.

A estremeira freguesía de Santa María de Amarante, cando o seu templo ubicábase mais preto da parte alta da Vila dos silleiros co mesmo Santo Tomé ‘O Vello’, abarcou ata o ano 1893 a parte do ponente da Vila: os barrios de Condomas, Cotovía, A Esgueva ata a praza ou Fonte dos Canos, hoxe M. Díaz Sanjurjo[iii].

¿Cal foi o comezo; a nosa orixe e a do noso topónimo Maside?

As pegadas da presenza romana no lucense vila de Sarria, ven vencellada a hexemonía da capitalidade provincial a ‘Lucus Augusti’, romana por excelencia. Velosaí os resultados de excavacións en Vilar de Sarria, máis polo miudo a estela funeraria paradoxicamente depositada no Museo de Pontevedra.

O derradeiro Rei de Galicia, Afonso IX, por certo falecido en Sarria no ano 1230, aínda que foi soterrado en Compostela, tivo ben gañada sona polo seu tino ó gobernar Galicia, gabado por méritos polas vilas e cidades a quen lles outorgou foros en contra dos nobres que viran rebaixado o súa esaxerada e lucrosa autoridade.

Baseándonos migracións e repoboacións, un adianto do que desenrolaremos máis adiante, viñeron da man de Fernando II mailo seu fillo, o citado Alonso IX, e segundo autores con xentes procedentes de Sarria, da freguesía de San Pedro de Masidi, Maside, como se denomina hoxe.

Retomando a romanización das terras luguesas, outras versións consideran que Maside deriva dun nome persoal latino (Masitus, Masiti), e outras que ambos Maside virían da derivación do nome latino Masidius[iv]. Aínda que non tendo amparo documental, nos acollemos a hipótese de que foi nese tempo cando xurdiu Masidi ou Maside tomando o citado nome latino Massidius.

A ORIXE

            As bisbarras situadas o Sur e lo Leste dó Miño quedaron ermas e despoboadas, tanto que algunhas terras destas non voltaron a ser ocupadas e anabadas, polo menos de xeito permanente, así ata a segunda metade do século XI. Nembargante esoutras zonas o Norte e a do Oeste do noso río, a ocupación aínda foi menos duradeira.

Entre os séculos IX o XI, se desenvolveo un sistema agrario, cultivos e xeitos primitivos por outro renovador que fixou nos lugares as xentes, amen da sedentarización definitiva para cultiva-los cereáis, o máis preciso tanto para a xente coma para os animáis, sendos estos os que de xeito revelador o afincar no mesmo lugar ou por tempadas, xa están o cuberto, ou só acortellados.

Na coñecida como ‘chartae populationis’,‘ou carta de poboamento’, de creación real que polo miudo vense a repetir ligado a un concilio que tivo lugar en Benavente, e que se plasmou desde finaís do s. XII ata ben entrado o s. XIII, coincidente cos gobernos dos reis Fernando II, e Alonxo IX, seu fillo, o derradeiro, porfiamos, rei de Galicia.

A non dependencia pode xustificala no caso de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, o ser un Couto Redondo, ousexa que non era rexido nin administrado nin por ordenes relixiosas, conventos nin polo Conde de Ribadavia que levaba o mando nos arredores e moito máis alá.

‘En el lugar de la Iglesia que se demarca en término Redondo principiando desde el fondo de la Congostra del Arco, río Abaixo hasta llegar a la Puente de Piedra, Camiño Real de Orense, hasta llegar a una cuesta que llaman Xestal do Couto, y de allí coge derecho a una esquina de un prado de Ignacio Gómez y herederos, y de allí a la Laxe do Pontillón, en que se hallará una cruz, y desde que comienza dicha demarcación hasta dicha cruz demarca con bienes de la Encomienda de la Batundeira y de allí derecho río arriba a los Pasos do Agrelo, y de allí arriba derecho a la Fuente de la Rañoa, y desde dicha cruz de la Laxe do Pontillón hasta dicha Fuente de la Rañoa demarca esta con bienes del Convento de San Clodio…[v]’.

SANTOME-LÍMITE FREGUESÍASANTO TOME-PETO‘…y de allí a la Laxe do Pontillón, en que se hallará una cruz…’. Laxa fotografada no ano 1985, e tempo hai movida do sitio. A dereita os fotografados no ano 1978 vestíxios do Peto de Ánimas, tamen desaparecido tempo hai, que antano o coroaba unha cruz pétrea. Estaban preto unha da outra,pero coidamos como máis acertado que falaran do Peto de Ánimas, no cruce do Camiño Real co que logo sería Camiño de Ourense, e logo a Nacional 541.

            Ó pe do referido Camiño Real está a románica eirexa de Santo Tomé ‘O Vello’, preto, non máis alá dós 200m. pasaba o Camiño Real, ramal que atravesaba As Terras de Maside cara a ribeira de Pontevedra, ata Ourense e ata Santiago. Polo paso de camiñantes e pola súa ubicación, esta ponte foi aproveitada por gandeiros, cregos, militares, e comerciantes en xeral.

Cuando un francés dos que saquearon a rectoral de Santiago de Anllo (San Amaro), escapaba sobre un cabalo ferido, saiulle ó encontro no Camiño Real, a altura da igrexa de Maside (Santomé ‘O Vello’, ó que pertencía a Vila de Maside), o veciño da mesma, Ramón Bernárdez[vi]derribandoo do cabalo dun garrotazo cunha estaca, e matandoo. Con outros veciños, enterraron rápidamente ó soldado e ó cabalo por medo a represalias’[vii].

O cabalo sería agochado nos montes dos arredores, e tendo o carón o camposanto parroquial supoñemos que o soldado sería soterrado en terra sagrada sen deixar, con présa ou sen ela, de oficiar pola súa alma.

Pero xa moito antes este camiño era importante vieiro no medioevo. Así na historia Compostelana cóntase como Arías Pérez, señor do castelo de Pena Corneira, ala polo ano 1.111 o arcebispo Gelmirezo apresou ó cativo Alfonso, que logo sería o rei Alonso VII (‘O Emperador’), e mesmamente á Condesa de Traba. Levounos desde Amoeiro ata o seu castelo de Pena Corneira, empregando para iso o camiño que desde Os Chaos pasa pola Ponte Sanfiz, Santo Tomé ‘O Vello’, Maside, lugariño pouco habitado daquelas, no que segundo outros autores fixeron noite, e o rompe-lo día continuar cara Partovia, Señorín, Castro de Moldes, castelo de Covadoso, Pazos de Arenteiro, ata o citado castelo de Pena Corneira[viii].

COMO REPARTIRON ALGUNAS FREGUESÍAS DAS TERRAS DE MASIDE

            O citado Conde de Ribadavia era dominador entroutas de As Terras de Maside, as de Roucos, as dos Chaos de Amoeiro e Piñor. O Conde non puido conquerir algo longamente desexado, sendo acaparador de amplos territorios da Diocesana Dignidade de Castela; o Couto Redondo de Santo Tomé de Maside non estivo baixo os seus opresores dominios.

Tampoco puido manexa-las Encomendas como é o caso da de A Barra depende de San Marcos de León. Nin os cenobios de San Salvador de Celanova que xa dispuña da freguesía de Santa María de Louredo a traveso do mosteiro de Santa Comba de Naves, no entorno da capitalidade provincial, así como o pobo de San Paio que co tempo pasaría a depender da freguesía de San Juan de Piñeiro. Louredo fora antes cob izada, intermediando enfrontamento edntre o Conde de Ribadavia e do Mosteiro de Celanova, este a traveso da mentado mosteiro de Santa Comba de Naves.

Santa Comba era parroquia de presentación do Conde de Ribadavia, pero en realidade era o Couto de Partovia quen rexía a freguesía  para a Xurisdicción de Oseira.

Dependente dos Lemos xa como Condes de Amarante, foi a masidá freguesía de Santa María de Amarante, hoxe coñecida como Amarante ou Dacón. Dá Orden Monástico-Militar de Alcántara foi a freguesía de San Miguel de Armeses, e da Encomenda da Batundeira, a que toma seu nome dunha grande finca preto de Ourense, Encomenda que dispuña de máis bens nas terras de Velle, Melias e Coles, ademais nas Terras de Maside e a freguesía de Piñeiro, e terras de labor na de Santa Comba, e no entorno da vila de Maside: a Feira dos Coiros, e Sogavín.

Na de Armeses unha casa que é de seu, nos coñecidos como dominios como Mosteiro de Armeses, de cal edificación fumos testemuña de restos, concretamente, os hoxe perdidos, capiteis que agochados estaban entre unha morea de cachotes; tamen se viron daquelas molduras soltas polos valados. Da transmisiòn popular chega a nós que o templo hoxe parroquial ergueuse da man de canteiros vidos de Cotobade na segunda metade do s. XVIII sobre da horta do Mosteiro, sobre a antiga eirexa monacal, aproveitando sillares desta e do Mosteiro. O Couto de Partovia gobernaba para Xurisdicción de Oseira ó Couto da Esgueva, pequeno pero florecente, unha parte da mesma Vila de Maside aínda que pertencente a freguesía de Amarante, así ata o ano 1647 que foi trocado ó Conde de Ribadavia polo Couto do Viso, hoxe pertencente a capitalina freguesía de Cudeiro preto da capital ourensá.

SANTO TOMÉ DE MASIDE COUTO REDONDO

            As arriba citadas ‘cartas de poboamento’ foron concesións con contratos polo medio, semellantes os mesmos foros de determinados territorios trala reconquista cristiá o ir desenrolando as ocupacións, coas miras postas a fixar poboación que conlevaba non só o poboar, a cultiva-la terra e crear vilas e pobos.

Polo de agora aínda é hipótese: Santo Tomé de Maside, románico templo hoxe coñecido como ‘O Vello’, pode ir parello o Couto Redondo como concesion real, poboado que foi núcleo da freguesía rural chegando a formar parroquia.

            Todo parece vir enfiado cando foi o mesmo Alonso IX, que, insistimos, segundo autores visitou Santo Tome; quen no ano 1216 fai doazón dás décimas do seu cilleiro de Maside para a fábrica da eirexa do Mosteiro de Santa María de Melón:

Está en el cajón 8, legajo 31, nº 9’. Esta era de muy grande renta, y que se ha perdido de todo punto, y no hay otra más luz y claridad de ello: no sirve ahora de nada, sino para que advierta como se han perdido nuestras cosas por descuido y no mirar escrituras antiguas[ix]:

‘Maside. 1254 el Sor Rey Dn Alonso el Nono hizo Donación Real á este Monasterio para la fábrica de la iglesia de las décimas de su cilleiro de Maside’.

Outra anotación, semellante a anterior repítese no mesmo Tumbo:

‘Maside. Donaon. Rl.

Era de 1254 el Sr. Rey D. Alonso el 9º. hizo donación a este Monasterio para la fábrica de la Ygla. de las decimas de su cilleiro de Maside’.

Podería ser unha cilla de xeito real ou civil, pero coidamos que aínda sendo lugar rico e moi poblado, os dezmos, luctuosas e demaís, son prebendas dunha igrexa, e apuntamos que debería atinxir a freguesía do mesmo nome, Masidi ou Maside.

EIREXA, LUGAR DE MASIDE, NO CATASTRO DE ENSENADA (1753)[x]

En la frª de Maside tienen Jacinto Fernández, Manuela, Ysavel Fernández y Lucia Fernández sus consortes un molino llamado da Costa en el riachuelo que va de Maside a Listanco de una rueda y muele quatro meses de 1 año’. (Sic).

Trátase do muiño das Moleitas, máis coñecido como o do ‘Chispa’, e que magoamente quedou baixo o enlace Maside-Maside coa autovía de Santiago.

De Lucía Fernández González e dos seus fillos Benito e Atanasio dinos o Catastro de Ensenada[xi] o seguinte:

‘Andrés del Baron, labrador, 60 a., viudo, tiene un hijo llamado Ignacio, mayor de los 18 a. Jacinta Fernández, labradora, 56 a., tiene en su compañía una hermana y una sobrina menor. “Lucía Fernández, labradora, 60 a., viuda tiene dos hijos uno llamado Atanasio, el otro Benito Bernárdez, mayores de los 18 años”. (Sic).

Atanasio Bernárdez Fernández, que pasaría ó alén o 10-11-1757, casara coa freguesa de San Tomé de Maside, Eufemia do Barón, falecida esta o 10-4-1761[xii]; son os quintos avós de do bonaerense poeta Paco Luís Bernárdez. Froito de este matrimonio é Andrés Juan Bernárdez do Barón, bautizado en San Tomé o 30-11-1752, casado na parroquia de San Martiño de Lago coa veciña de Ansamonde Mª Benita de la Iglesia do Mato[xiii].

Así este matrimonio aveciñado no lugar dá Eirexa, son os cuartos avós de Paco Luís. Terceiros avós, pola parte da súa bisavóa materna, foron José e Juana González veciños da Reguenga, e Juan González e Teresa Rodríguez de Santián, da freguesía de Amarante. E por outra banda, a liña paterna: Francisco González e Josefa González, do Lago, pais de Tareixa avoa de Paco Luís, dona do seu avó paterno Luís Francisco Bernárdez García, ámbolos dous tamén naturais do Lago[xiv].

O noso poeta bautizárono co nome do seu avó don Luís, máis Francisco o do seu pai, que é o mesmo co do seu bisavó, o veciño do desaparecido lugar dá Eirexa, preto do románico templo de santo Tomé de Maside, ‘O Vello’.

LÍMITES DA FREGUESÍA DE SANTO TOMÉ DE MASIDE

             Segundo o Catastro de Ensenada[xv]:

‘…Tiene de Levante a poniente dos tiros de bala de fúsil, y de N a S un tiro de lo mismo, se andará su circunferencia en una hora. Límites: Principiando por el Levante en el marco llamado de A Touza y de allá al marco llamado da Espenela, prosiguiendo mirando al Norte a otros llamados Sapeira y Laxe de Arxinde y de allí a la Pena do Merelo prosiguiendo al mediodía al coto del Seixo y fuente llamada de los Canos que está en el lugar de Maside y de este mirando al poniente va al marco que está en la cerrada de Andrés González en el lugar y Coto de la Esgueva y de allí al Outeiro de Castro de Durán y al marco do Gallardo y cierra en el precitado marco da Touza’.

Nás estadísticas diocesanas datadas no ano 1844 vertense os seguintes datos sobre de Santo Tomé de Maside[xvi]:

‘Advocación Santo Tomás Apóstol que se celebra o 21 de Decembro. Pertencía a eclesiástica Dignidade de Castela. Sendo a presentación dó curato: ordinaria, e de 1º ascenso. Almas de comunión ou de dez anos arriba: 357. Lugares habitados e a súa vecindade: Maside 75 veciños; Touza 25, Figueiredo 7, e Eirexa 5. Non tiña anexo daquela.

No apartado regulamentario de Santuarios, Ermitas e Capelas, o párroco daquelas asina o seguinte:

(Sic) Hay una Ermita en el pueblo de Maside propia de la casa de Eraso de Stª Eugenia de Eiras dedicada a Ntrª Sª del Rosario con una Misa todos los sábados del año, qe está al cargo de dha. familia. Es el único templo que hay en una villa de 200 vecinos con sus dos iglesias parroquiales a bastante distancia. Maside 5 de Abril de 1844, Juan Moreiro’.

Os sacerdotes e clérigos residentes e nacidos en Maside eran daquelas:

don Juan Moreiro, bautizado no ano 1808 na capitalina parroquia de Santa Eufemia, era Doctor en Teología.
Frei Antonia Peña exclaustrado do mosteiro de San Bieito de San Isidro de Dueñas, fora bautizado en Santa Eulalia de Banga no ano 1761.
Clérigo de menores Camilo Pastor Rodríguez Unzueta, bautizado en Santo Tomé de Maside no ano 1816. Outros nados en Maside foron: nacido no 1811 Manuel Montero, e no 1818 don Tomás Mato’.

MASIDE

            A veciñanza da Vila de Maside foi medrando o carón do Camiño Real onde asentaron arrieiros, comerciantes, traballadores etc.; Tendo en conta que ademais que tanto bispos, persoeiros e emisarios da S.M., coengos, militares, e os relixiosos das ordenes, tiñan parada e fonda na Vila. O Conde de Ribadavia[xvii] como administrador da peaxe polo Camiño remataba a cobranza o mellor postor. E se cabe con moita máis relevancia dada a forza da feira por elo era envexada e por ende cobizada. Tanto cos moxes de Oseira, a Vila do Carballiño, e xa antes no século XVIII o mesmo Concello de Ourense, se opuxeran.

A Vila foi o resultado de recheo de vivendas entre lugares, aínda que pouco estaban separados entre si. É o caso da brasonada casa dos Gaios: Escudo partido, 1º tres galos de sable crestados de gules postos en pao; y 2º de azur, un castelo ardendo. Bordura de prata con oito aspas de sable.

Preto do solar dos Gaio xa asentaran moito antes no lugar de Os Moiños, no que habitaban no 1684 outras familias[xviii]. Logo residiron nel ós Fiz Gayoso: o 9-8-1728 casaron en Santome ‘O Vello’, don José Fiz Gayoso e Dona Tomasa Salgado Sequeiros, de familias fidalgas ourensá e de Allariz respectivamente. Pero a mesma casa fora posuida polos irmáns Diego e Francisco Fiz Gayoso, cabaleiros envoltos en enredos de faldas.

Tamen habitados pertencentes a freguesía de Santo Tomé son os lugariños de: Embaixo, coa tamén brasonada Casa dos Seixas, desaparecida, que presentaba as seguintes armas: no primeiro cuartel as dós Seixas, no segundo representa os Mosquera, no terceiro os Varela e no cuarto os Puga[xix]; osoutros son: A Rañoa; O Sagavín, O Toural, a Calle Vella o de San Antonio e a Fonte dos Canos, estrema coa freguesía de Santa María de Amarante a que pertencen O Pazo, A Esgueva, a Cotovía e As Condomas. Algúns destos nomes pouco hai que se diferenciaban como barrios, pero paseniñamente foise perdendo e tan só quedan como referencias as catastráis tanto urbanas como agrícolas.

A seña de identidade da Vila dos Silleiros viuse grandemente reforzada antes coa pousada, e logo co establecemento das xentes vidas da Maragatería, das terras sanabresas e da comarca de Carballeda, máis en concreto desta. Seus descendentes son entroutos os Unzueta, Román, Romero, Baladrón, Porto e os Vega-Junquera, todos eles proviñentes de Cional, Codesal pero en sobremaneira da capitalidade municipal, a vila de Villardeciervos; familias que aínda se manteñen polas Terras de Maside.

Foron moitos os edifícios relixiosos e civís que se ergueron nas Terras de Maside: igrexas, pontes, pazos e casas novas en Dacón e Maside, así asentaron nestas vilas e no entorno, canteiros e ‘ebanistas’ de Cotobade, Cerdedo, Forcarey, A Lama,

A Estrada Meis, etc. Así, sen entrar polo miúdo, lembremos os Vidal, Gamallo, Villar, Cabaleiro, Ogando, Fráguas, Barros, Malvar, Porto, Rivas, Cendón, Carballal, Fraíz, Pedre, Louzao, Franco, Ruibal, Adá, Lois, Godoy, Justo, Moreira, Saavedra, etc., apelidos que están en moitas familias das dúas vilas e arredores.

Todo elo ven refrendado polos escribáns, e mesmamente no Diccionario Xeográfico e Estadístico de Pascual Madoz, ano 1848, nel consta que Maside dispuña de máis de cen casas, unha feira mensual o díanove de cada mes, Casa Municipal de arquitectura moderna cona súa torre e Reloxo, escola de primeiras letras, unha fonte de dous canos, e habitada por cento seis veciños e trescentas vinte almas.

Da actividade comercial de Maside a fináis do s. XVII fálanos Otero Pedrayo, que cita os comerciantes do lugar e os productos sobre os que comerciaban: Antonio Fernández que vendía acedita mercado ós portugueses, e xéneros de ‘rizo, Bayeta e Monfort’, e Francisco López, co alcume de ‘O Mozo’, traficaba con queixos, liño e aceite de Portugal, que recibía, con guía, pola Xironda; Bieito Valeiras e Tomás Fernández, con bacallao, liño etc. e Bieito Conde negociaba con potes, sargas, terliz, vidros, veludo, etc.[xx]’.

O mesmo Risco, gran estudioso da provincia de Ourense, corrobora unha vez máis  que as produccións principais de Maside son o millo, o centeo, as patacas, as castañas, o viño e as hortalizas, xa citados moitos destes productos por Madoz engádelle a isto as fábricas de chocolate, as moi afamadas rosquillas e puntaliza máis:

’…La principal riqueza del país consiste en el comercio de exportación de géneros de la tierra, especialmente jamones y carnes saladas, huevos y cornezuelo de centeno. Maside y Dacón acaparan en de casi toda la provincia y aun el de fuera. Desde tiempo inmemorial, los masidaos, reconocibles por su invariable chaleco de picote o bayeta escarlata con mangas, practicaban el tráfico de jamones, yendo caballeros en magníficos machos o con carromatos por las ferias y por las aldeas comprando jamones para exportar, o practicando la arriería. Este tráfico los ha enriquecido y ha hecho crecer considerablemente las villas de Dacón y Maside’.

              Ademais temos dos mentados escribáns unha referencia máis a man: o título de Vila, o quelle ven de antergo, e non só iso, tamén é un dos primeiros concellos do rural que dispuxo e dispón, de duas vilas na súa municipalidade, por canto a Dacón tamen lle foi outorgada esa concesión.

SANTO TOMÉ DE MASIDE ‘O VELLO’

‘La parroquia de Santo Tomé de Maside dispone de un antiguo cruceiro y del hermoso templo románico datado en el S. XII, e que como tantos, para darle mas cabida sufrió en 1830 el añadido de la capilla al mediodía.

Las gestiones ya habían comenzado a primeros del año de 1853 cuando una comisión de feligreses de Santo Tomé: Andrés González -padre de don Wenceslao-, José Portabales y José García, vecinos de Maside, y Jacinto Mato por la Touza, se dirigen al Sr. Obispo solicitando que fuera la villa de Maside la capitalidad parroquial y no donde estaba de aquellas: “Trasladando la iglesia a la villa por ser lugar más céntrico y residir allí un mayor número de vecinos. Con fecha 29 de Junio del mismo año, el párroco don Pedro Vázquez, natural de Maside, reiteró la acuciante necesidad ante el Sr. Obispo don Luís de La Lastra y Cuesta”:

A fin de que se aliente más y más al pueblo en llevar a cabo el laudable propósito de trasladar la iglesia parroquial al centro del municipio vecindario de Maside, que en el nuevo arreglo de parroquias habrá de pertenecer a una sola feligresía, y por tanto debe todo el contribuir con la prestación que acuerde para levantar un templo digna morada del Señor, a cuyo fin de ahora para entonces quedan aplicados todos los fondos de la Fábrica y Hermandad con reserva tan solo de lo preciso para el continuo alumbrado del Santísimo y demás imprescindibles atenciones…’[xxi].

             O paso do tempo xa rebulía a necesidade, cada pouco máis apremaba o non acoller a unha boa parte dos fregueses, o que medrou o manifesto de erixir un novo recinto sagrado preto do núcleo mais habitado, en Maside, mais aínda cando dos ‘arreglos’ parroquiáis do 1893, se dobraron os parroquianos o sumarse a Santo Tomé, os residentes nos barrios de O Pazo, A Cotovía e As Condomas, que ata esa data pertencían a Santa María de Amarante. Desde estas datas Estación, Figueiredo –que ‘voou’ da mans trazado do AVE-, Outeiro, Negrelle e a Vila de Maside conforman a freguesía.

Foi xurdindo efectos a suxerente presión da comisión parroquial en Palacio, tanto que os días 28 e 29 de Junio do mesmo ano de 1853, Monseñor Dr. don Luís de la Lastra y Cuesta visitou persoalmente a parroquia, e amen de compartir as inquedanzas dos fregueses, trasladoulles as súas diposicións[xxii].

Na parte inferior da vila está asentado o templo neogótico aberto o público vai cen anos, concretamente en 1910 cando era abade o crego de Vilela (Punxín), don Fermín Fernández Pérez, o derradeiro inquilino da casa rectoral sita no lugar da Igrexa, pequeno lugariño preto do vello templo.

Abandono da rectoral foi un acto dramático e luctuoso por canto desfíxose desaparecida tralo incendio acaecido o día 31 de Maio de 1902, tempo na que rexía a parroquia o referido Don Fermín Fernández Pérez natural de Vilela, fillo do latinista Don Gabriel Fernández e de Dñª Bernardina Pérez; logo de arruinarse e da súa posterior demolición, queda tan só en pe (?) o merendeiro e a mina que baixo verquía cara aos prado do poñente. No incencio faleceu a criada de don Fermín, trátase de Manuela Álvarez Bernárdez, veciña precisamente da Igrexa, lugar habitado situado no ámbito do templo de Santo Tomé de Maside ou Lanuxe. Manuela, solteira, tiña 22 anos, fora bautizada no mesmo templo de Santo Tomé de Maside ‘O V ello’ o 7 de Novembro de 1879, era filla de Antonio Álvarez e de Concepción Fernández, naturais do veciño Figueiredo, aínda que os supoñemos veciños da referida Igrexa por canto Figueiredo xa daquelas estaba practicamente despoboado, hoxe desaparecido.

Sen remata-lo edificio o día 7 de Xaneiro de 1910 tivo lugar a estrea do novo templo para a Vila de Maside, cos traballos só ata o arranque da torre –que se vería rematada no mes de Agosto de 1922, longa espera-, o pavimento luxo para daquelas e hoxe penoso, con retábulos[xxiii], imaxes[xxiv] e de demáis ornamentos sagrados; aínda que xa antes, o 3 de Novembro de 1909, don Fermín declara habilitado o novo templo parroquial argumentando que tódolos veciños viven na vila, capitalidad municipal, e que tan só restan cinco residentes no lugar de Figueiredo, xa desaparecida a veciñanza de Os Moiños, hoxe lugar ‘Moiños do Lebre’, antes referida, maila familia das ’Faqueiras’ no lugar da Eirexa, as derradeiras en deixar este lugar.

Moi poucas persoas, e moitos habitantes na florecente vila que tanto medrara o carón da en cernes estrada Ourense-Pontevedra, de moi lenta entrada en actividade por mor dun agrangado período para expropiacións e para erguer pontes, o que levou a maís paseniñamente do necesario íanse amañando tramos.

Aínda no ano 1848 constituiuse unha compañia de obras, pero as mercaderías vidas de Ourense maila da estación de A Barca, freguesía de Laias, eran acarrexadas polas liñas de carromatos, e mais adiante para os viaxeiros formáronse compañías de dilixencias, lóxicamente de arrastre animal. Así ata ven comezado o ano 1914 cando se fundou outra sociedade de autotransporte de viaxeiros, ‘Auto Deportivo’ da man de empresarios de Maside e O Carballiño.

Don Fermín, párroco de Maside, era fillo do latinista don Gabriel Fernández Otero[xxv], con parentela na Vila do Silleiros, estos descendentes de Faustina irmán do crego logo do casamento de Dorinda, unha das súas fillas con Ovidio Gil Porto González, fillo do cervato retablista e mestre de obras don José Porto Román; e en segundas nupcias co mestre canteiro don Josefino Justo Rodríguez, fillo de Vicente Justo Saavedra, natural de Barrán (Piñor), e neto do tamen mestre canteiro Miguel Justo Moreira, natural de A Lama (Pontevedra), casado en San Juan de Barrán (Piñor) coa veciña desta freguesía Agustina Saavedra Rodríguez[xxvi].

Amen de estar espallados pola península e noutros continentes, na ‘Vila dos Silleiros’ hai netos, bisnetos e tataranetos de dona Faustina Vicenta Fernández Pérez.

O novo templo masidao, coñecido como ‘a Catedral das Terras de Maside’ foi un coordinado deseño do arquitecto diocesán de Oviedo, o rioxano don Luís Bellido, amigo persoal de don Wenceslao González Fernández o meceas masidao residente en Mieres; e do arquitecto diocesán, mailo de Beariz, don Daniel Vázquez-Gulias Martínez, compañeiro de facultade en Madrid. Pero ben Santo Tome ‘O Novo’ chama a atención polos seus perfectos sillares, nada de cachotes.

No arquivo parroquial de Santo Tomé de Maside consta:

‘El día uno de Enero de 1.911 se acarrearon los enseres de la vieja iglesia a la nueva’.

No ano de 1888 pintouse o altar maior axustado en 2.040 reás á conta dos 400 que doou don José Fernández, coengo de Plasencia, doutros 400 dados por don Manuel Montero, de 200 que deixara o párroco don José Sendón, e outros 500 que din do meu peto, mailos restantes que deron os fregueses. Asina Francisco Alonso.

Este edificio de culto sustituiu a vilega capela de San Antón, onde desde tempo inmemorial se impartían os Sacramentos, e se celebraban misas os días de precepto e as xentes da incipiente vila non tiñan que desplazarse máis de un quilómetro, gravoso e magoante no inverno.

Tanto foi así que desde o Consistorio se tomaron acordos para palia-las carencias da veciñanza, que se vía obrigada a desprazarse ata o lugar da Eirexa coma por exemplo en Xaneiro de 1862:

Establecer una Misa de hora en festivos en la capilla de San Antonio, a cargo das arcas municipáis’.

SANTOME-TORRE-YOSanto Tomé de Maside ‘O Vello’. Foto Maio do ano 1972. O autor no campanario. Se estaba a artella-la veciñal Comisión Pro-Restauración. A corta dos abetos foi previa a retella.

LENDA DAS CAMPÁS DE SANTOME DE MASIDE ‘O VELLO’                                                          A da esquerda do autor reza: 1880 SAN ANTONIO DE MASIDE                                                       A compañeira que dispón de xugo, di: 1883 MARIA Y JOSÉ

EXPO-24Desaparecida Capela de San Antón de Maside. Fotografía data no ano 1895. O solar foi ocupado polo neogótico templo de Santomé de Maside O Novo. As súas campás pasaron o románico templo de Santome de Maside ‘O Vello’, que rematamos de argumentar.

O ROMÁNICO TEMPLO DE SANTO TOME DE MASIDE

              Aínda por estrear o novo templo, o románico foi quedando aillado no lugar da Igrexa, mantendo eso si actividade por canto permanecía no lugar o camposanto, lugar de repouso eterno de entroutos persoeiros: o cadeirádego kraussista don Xoan Sieiro, as famílias da ‘Casa Grande’, os ancestros dós González Herrero fundadores da asturiana Banca Herrero, que por certo ó pe deste monumento funerário atópase a sepultura térrea dun dos poetas das Terras de Maside, don Manuel Lois Vázquez, e dereita está os dos tamen masidaos, os irmans cregos don Benigno e don Ricardo Prado López, e a outra man os sártegos da familia Portabales,moi comprometida en agranda-lo campo santo, 1914-1915, as custas do catedrático don Valentín Portabales Blanco e do seu sobriño, o coengo don Inocencio Portabales Nogueira.

O templo data do s. XII, é un fermoso exemplar do románico rural, mais antigo que outros da bisbarra como San Fiz do Navío, San Pedro de Garabás, Santa María de Louredo, San Xoán de Ourantes, Santa Comba do Treboedo, San Facundo, ou mesmamente os de Beiro. Ben certo que por exemplo con Santa Comba, Ourantes e os de Beiro gardan certa similitude, aínda que o masidao amosa mellores tallas de máis altorrelevo, e os remates da parte artística mais finos e depurados.

No arte medieval en xeral e no románico en particular, engaiolan o que neles reparan e contemplan a súa serea beleza arquitectónica, mailo sentido encuberto das súas formas escultóricas, e nas pouquiñas pinturas que chegaron a nós. Pararémonos a ver un pouco de todo, e como non recollendo a análise doutros autores.

Pola inscripción dun dos sillares da fachada principal: ‘Siendo cura Joseph P.H.R., 1633’[xxvii], pode quedar fixada a recomposición da fachada principal sillar a sillar, marcas aínda visibles. Non acertamos a explica-lo rechamante dá lenda do sillar, cando as siglas gravadas non son coincidentes cos nomes dos daquelas curas párrocos[xxviii].

Como aconteceo con case todos os románicos, o de Santo Tomé ‘O Vello’ para darlle cabida ‘sufriu’, neste caso no ano 1830, o engadido da sacristía na parede Norte absidal, maila capela na parte Sur da mesma ábsida que velaí está ainda; traballos encomendados ó maestre canteiro Sr. Ogando, quen levantara o campanario da barroca igrexa parroquial de San Miguel de Armeses. A sacristía se derrubaría cando da muda dós actos parroquiáis á Vila, ó novo templo que se bendiciu o 7 de Xaneiro de 1910, aínda que os ornamentos sagrados, demais artículos relixiosos e litúrxicos se levarían logo[xxix].

PLANTA DO TEMPLO[xxx]: PUNTOS DE INTERESE SINALADOS NA PLANTA DA EIREXA QUE VEMOS DE SEGUIDO

1 – Mesa altar achegado pola comisión de restauración, ano 1978.
3 – Exterior e Interior da parede absidal o nacente; coa simulada ubicación do retábulo maior.
4 – Capela engadida no ano 1830, aínda existente.
5 – Arco toral, columna co capitel das pombas.
6 – Arco toral, columna co capitel dos Evanxelistas san Juan e san Marcos.
7 e 8 – Retábulos barrocos perdidos na queima do pirómano no ano 2003, orixinalmente no ángulo adousado o arco toral, como marca o plano.
9 – Entrada ó templo de abocina portada.
10 – Fachada absidal ó Norte que acolle tres canzorros e sete metopas. (4’84m). Parede onde apoiaron a sacristía segundo a amordicada roza aínda visible no exterior.
11 – Os mentados retábulos foron ubicados, achafranado as dúas esquinas co arco toral co fin de ocupar menos e te-las portas laterais accesas. Logo da desfeita coa incorporación da capela, veu o desmonte sillar a sillar dá fachada Sur que amenazaba ruina, cegando as portas lateráis, e pasando os retábulos á nave como vemos no plano:

12 – Sepulturas cada tres lousas, cubrindo todo o pavimento da nave e parte da ábsida.
13 – Pía bautismal.
14 – Primeiros chanzos da escaleira de acceso que magoamente lle engadiron no ano 1955.
15 – Nave, lenzos ó Norte e ó mediodía, nos seus 10’50m. doce canzorros cadanseu.
16 – Entrada a capela.

17 e 18 – Representación simulada das columnas e capitéis do arco absidal, dos que se viu privado ó templo trala desfeita do ano 1830 o engadirlle a capela. A da esquerda, nº 17, cadrou coa cegada porta da sacristía o derrubar esta.
19 – Altariño da capela, único vestixio dos retábulos que tivo o templo.
20 – Tres enrexadas ventás cadradas engadidas no ano 1830, unha na capela, e dúas na nave, baixo os canzorros números catro e oito.

                                                                SANTO TOME 'O VELLO' PLANTA

MERITORIO ROMÁNICO

O templo dispon dunha soa nave rectangular de 8’5m. con capela cadrada magoamente incorporada a fachada do mediodia da ábsida, conlevando a perda de todala arcada absidal, da que tan só foi recuperado un dous capitéis, que se comentará máis adiante.

A igrexa está orientada de ponente o nacente, e na súa recta cabeceira ábrese unha ventá absidal. Xa ven entrado o s.XVII por mor de instalar o retábulo maior,dun tempo coma os lateráis, e para achegalo o mais posible a parede rozaron os sobresaintes axadrezado e imposta e os capiteliños do arco absidal, xemeo do exterior ainda que con motivos ornamentáis distintos.

SANTO TOME-RESTOS RETÁBULO-1SANTO TOME-RESTOS RETÁBULO-2Aínda que case desfeitos, foi o único aproveitable dós restos do que foi retábulo maior de Santo Tome ‘O Vello’, nadiña merecentes de ser fotogrados. Autor ano 1977.

O lenzo absidal do mediodía mailos correspondentes canzorros e metopas se votaron a perder; só se conservan os da fachada absidal do Norte, e se albiscan as pegadas de como foi o ábside, tomando como referencia un dous capitéis, o que ostentaba o arco absidal que foi a dar o Museo Arqueolóxico Provincial[xxxi], o esoutro capitel nos aventuramos a aseverar que a su perda é irrecuperable, polos restos da roza que se albiscan no oco que ocupaba -ver fotografía no traballo, e no plano peza co nº 17-, coidamos foi picado.

O gardado no Museo de Ourense considero estaría a par co dos evanxeistas, salvado gracias a provindente doazón do cura ecónomo de Santo Tomé de Maside don José Álvarez, e que aconteceu antes do ano 1896, cando aparece rexistrada dita peza.

No capitel que se garda no Museo, e no correspondente compañeiro, que non se sabe del, apóiabanse o arco absidal. A súa perda levouse ás arquivoltas das portadas e ventanais, situados baixo as cornixas, que cumprían a mesma función que os canzorros, e que ben poideran rematar en columniñas coma as da ventá absidal, arquiños do parteluz dos alxemices, tan característicos da arquitectura románica máis pura. Consideramos que o resto de pezas: canzorros da ábsida e metopas do lenzo Sur non deberan andar moi lonxe.

O capitel da esquerda do arco triunfal de santa Comba do Treboedo garda moita similitude co de Maside, o gardado no Museo[xxxii].

SANTO TOME OCO CAPITELSANTOME MASIDE-CAPITELFotos da ‘Peza do Mes’, publicación do Museo de Ourense,
Febreiro do ano 2008.

Un dos capitéis do desaparecido arco absidal de Santo Tomé de Maside ‘ Vello’, peza de 40 x 56 x 35 custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. E falando de capitel. na primeira das tomas, parede absidal, interior ó Norte, o oco que ocupara o outro capitel, o desaparecido. (Figura nº 17 no plano).

            Dende un punto de vista estético, o capitel románico deriva do clásico corintio, de modo que un dos motivos máis utilizados é a vexetación, e especialmente aquela baseada no acanto de orixe greco-romano, rematada moitas veces en volutas, aínda que sen esquecer outras especies vexetáis. Tamén emprega, con profusión, unha sinxela folla plana rematada en bola colgante que constitúe un dos modelos máis claramente románicos.

Orientada de Este a Oeste, na súa recta cabeceira ábrese unha ventá absidal de arco redondo con catro arquivoltas de touro e escocia a máis interior, funiculada a seguinte sobre a que vai outra de arquiños e acollendo o conxunto un arco de fino abilletado. Esta arcatura descansa en sendas columnas con intermedio dunha imposta de nacela. Os fustes das columnas son un liso, o correspondente o capitel que acolle a primitiva serea ou sexa, con busto de muller e corpo de ave, sobre un fino encordado en aspa; e dórico con moldura convexa esoutro, no que se ve un home barbado con as.

santome3228Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, recta cabeceira absidal

            Esta preciosa fiestra seteira vai protexida por un pequeno tejaroz losanxeada con seis canzorros e cinco metopas. Encubre o conxunto un arco de fino abilletado. O primeiro e o último son de folla cunha bola na punta volta, outro de rolos e os restantes son sinxelos. As metopas están decoradas sucesivamente e de esquerda a dereira cunha grande rosa, unha cruz inscrita nun círculo, cunha flor octifolia con círculiños concéntricos a modo dunha rosca de pan e cunha cruz grega. Canzorros e metopas teñen similitude cos da parede absdial do Norte.

santome3235santome3232santome3233santome3234Catro modelos de lapidarios na parede absidal repartidos sen orden en sillares baixo e as dúas mans da ventá absidal, sempre nos mesmo sillar no interior e no exterior signos que representan o canteiro ou a cadrilla que traballaron no templo. Desde logo afastanse da similitude con letras o uso. (Autor Febreiro do 2012).

SANTOME-3568SANTOME-3569
Sobre o piñón ou cantacuco do muro da nave que corresponde ó arco triunfal da igrexa, houbo outra cruz antefixa da que tan só resta o año base da mesma. Corona o piñón da parede absidal unha cruz antefixa en figura de rosácea sobre un arco e descansando sobre o Agnus Dei, tipo frecuente no noso románico popular. (Fotos autor Xaneiro do 2011).

            O lenzo absidal que mira ó Norte leva tamén tejaroz con canes de follas, outras con baquetillas verticáis e hai un que representa dous animais felinos igualiños en loita feroz sendo un excelente altorrelevo polo seu vigor e valente execución.

O LENZO ABSIDAL QUE MIRA Ó NORTE: TEJAROZ CON CANES DE FOLLAS, BAQUETILLAS VERTICÁIS E UN CON FELINOS EN LOITA

SANTOME-3373

SANTOME-3377 PARADE NORTE DA ÁBSIDA; ENTRE OS CANZORROS SETE METOPAS
SANTOME-3380SANTOME-3374SANTOME-3375SANTOME-3376  SANTOME-3379(Fotos autor Xaneiro do 2010).

SANTOME3223SANTOME3215Canzorros: o primeiro da fachada Norte, e o ctavo da do mediocía. O noso entender son os máis salientables dos doce das fachadas lateráis, entre o resto xeométricos e estriados. (Fotos autor, Xaneiro do 2011).

             Alomenos semellantes tiñan que ser os da fachada do Sur, magoamente perdidos, e destos debera ser-la métopa incrustada na parede dunha antiga casa da rúa ‘Calle Vella’ da Vila de Maside (anaco do Camiño Real), que estando preto do lugar da Eirexa, e por semilitude coas do mentado lenzo absidal do Norte, nos arriscamos a catalogala como peza dó templo de Santo Tomé ‘O Vello’.

S.TOME VELLO3211

SANTO TOME-METOPA-CAPELAEstas pezas nos atrevemos outorgarllelas a Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, como unhas das desaparecidas metopas do exterior do lenzo absidal cando se lle engadiu a capela na parte do mediodía. Sobre da primeira logo de someter os grafemas e signos da peza a paleógrafos e estudiosos non lle deron relevancia. (Foto autor 1992).
A outra fai de sillar no interior da capela engadida como queda dito no ano 1830. (Foto autor 2012).

             No lenzo da nave que mira ó norte ábrese una ventá seteia, e domediodía ábrense duas enrexadas fiestras cadradas, mais outra xemea na capela, feitas máis recentemente se ergueu a parede que ameazaba ruina, aportaron a nave a luz da que carecía, e de paso desvirtuaron aínda máis o interesante románico. Cando da recolocación da fachada Sur da nave se cegaron sendas portas abertas en arco de medio punto, o Sur e o Norte respectivamente.

SANTOME3213‘A fachada da igrexa ostenta unha fermosa portada románica, abocinada…’
(Foto autor Xaneiro 2011)

Se ven os primeiros chanzos da escaleira que non tivo antres, magoamente aberta no cerre cando das obras de ensanche da estrada Maside-Amoeiro aprobada segundo o BOP do 9-5-1955. O desnivel que quedou é esaxerado; O non arrimarlle un murallón tanto a eirexa como o camposanto, rechamante é que aínda todo esté en pe.

            A fachada da igrexa ostenta unha fermosa portada románica, abocinada, composta de dous pares de columnas, de fustes lisos, sobre basas con garras e capiteis decorados. Os interiores adórnanse con follas que levan unhas pequenas bolas no seu ápice. Os dous exteriores; o a esquerda da porta presenta uns tallos entrelazados con flores estando finamente esculpidos. Non seu fronteiro da dereita aparece un lobo devorando un año que o retén coas súas patas dianteiras, excelente altorrelevo polo seu vigor e valente execución.

Ven o caso que enfiado co capitel do lobo e da ovella, aínda se albisca nun sillar da fachada blanquexado, son restos da incrustada prancha de porcelana ‘talaverana’, que tódolos templos do municipio de Maside e o de Punxín que daquelas eran un só, mais edificios públicos, lle foran colocadas, o igual que foran numeradas as casas da capitalidade municipal, segundo acordo municipal dó 13 de Setembro de 1859.

 SANTOME-3186

SANTOME-3187‘Non seu fronteiro da dereita aparece un lobo devorando un año que o retén coas súas patas dianteiras, excelente altorrelevo polo seu vigor e valente execución’.

A esquerda e a dereita, fustes lisos e capitéis decorados dá románica portada

de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’. (Foto autor, Xaneiro do 2011)

            As arquivoltas son de tipo corrente de toros, escocias e baquetillas no intradós abrazadas por un amplo arco de fino abilletado e no extradós abrazadas por un amplio arco de fino axedrezado. O conxunto descansa sobre unha imposta moldurada e corrida que serve de cimacio ós capiteis e, como fondo da arcatura vese un tímpano liso composto de tres pezas e apoiado en sendas mochetas decoradas unha delas cun roleo ou espiral e a outra cunha especie de caxatos ou bastóns. Na peza central do tímpano advírtese restos das encaladas vellas pinturas que coidamos non foron estudiadas.

SANTOME3189Portada principal: Mocheta (Foto autor Xaneiro do 2011)

            Por riba da portada ábrese unha seteira e rematando a fachada álzase unha esbelta espadana, rematada munha pequena cruz, con dous buratos arqueados para os sinos. Estes arquiños apóianse en tres pilastras co intermedio dunha imposta moldurada.

Para engadi-la sacristía se agocharon o tejaroz, os canes e as mochetas das que antes falabamos. Por baixo dos canes, insistimos, se rozou o paramento para encaixa-la cuberta. Asi estivo ata pasado un tempo, xa que logo de traslada-la parroquia a Maside-vila, no 1910, na década de 1920 se tapou a porta a absida, desaparecendo a sacristía, que por un tempo serviu como osario.

É un dos poucos exemplares do románico nos que aínda se poden visionar caleados: arco, capitéis –ata o ano 1980-, axedrezado, pia bautismal e paramentos.

Interiormente a ábsida é cadrada estando separada da nave por un arco toral de medio punto peraltado sobre columnas coroadas con interesantes capitéis, dos cales o da dereita representa un home con báculo posto entre un mono e unha aguia con sendos libros nas gadoupas.

Dúas tomas do mesmo capitel, a dá esquerda tomada polo autor no en Xullo de 1978,
e a outra é debemoslla a deferencia do Doctor en Historia del Arte Carlos Sastre, datada o 14-12-2008.

SANTO TOME CAPITEL CON CAL

santo tome-capitel dereita‘O da dereita representa un home con báculo posto entre un mono e unha aguia con sendos libros nas gadoupas’.

 ‘En él se ha esculpido a un representante de la jerarquía eclesiástica, vestido con casulla, alba y estola, sedente y bendiciendo en la diestra mientras sostiene un báculo en su mano izquierda. A ambos lados de esta figura, que ocupa la zona central de la cesta, se encuentran dos animales, un águila y un león. El hecho de que porten sendos libros los identifica como los símbolos de los evangelistas San Juan y San Marcos, respectivamente…

Por el báculo es entendido el poder sacerdotal que Cristo confiere a los sacerdotes…

El capitel de Maside está, pues, lejos de ser un ‘unicum’. Incluso el hecho de que sólo muestre dos de los animales del Tetramorfo no representa un caso aislado. En el Románico gallego se encuentra un paralelo en la portada norte de San Miguel de Eiré, en tierras de Pantón, donde sólo han sido esculpidos dos de los signos: Lucas y Marcos…

Dejando estas incógnitas sin despejar, creo adecuando ver en el capitel objeto de estas páginas un “retrato” del prelado que dirigió el complejo ritual de la consagración de Santo Tomé impartiendo su sermón –lleva la estola desanudada- a los fieles y sacerdotes que quedará al cargo del templo, representados en las palomas encaramadas al Peridexión. Resta, entonces, identificar el personaje. Si se acepta una cronología del último tercio del siglo XII para el edificio, acudiendo al episcopologio orensano tenemos dos candidatos Adam (1169-1173) o Alfonso, quién gobernó la diócesis entre 1174 y 1213’. [El autor recoge lo vertido por Benito Fernández Alonso, ‘El pontificado Gallego’, Ourense, 1897, comparable con el Episcopologio de la ‘Guía Eclesiástica de la Diócesis de Orense’, p.e., de José Carlos Fernández Otero, año 1974]. Emilio Duro Peña, ‘Las antiguas dignidades de la catedral de Orense’, Anuario de Estudios Medievales, 1 (1964(, pp. 289-332. En Maside hay dos claros paralelos con las iglesias monásticas de Ferreira de Pantón y Sobrado de Trives…’[xxxiii].

O seu cimacio é un tallo ondulado e a base é ática con poutas.

No outro capitel, o da esquerda, vense dezaseis pombas postas sobre as pólas dunha árbore que as están peteirando, e que como as landras son a súa mantenza, suponse que é carballa. ou sobreira menos abundantes na bisbarra; leva este capitel un cimacio de seis violetas inscritas noutros tantos círculos e no seu recuncho exterior unha pequena cabeza de dragón que amosa a ferocidade que lle é de seu.

O cimacio vai sobre os lenzos compoñendo imposta de tacos redondos. No ángulo do arco toral co muro absidal nace un arco ornamentado con billetes.

Chama a atención o capitel das pombas postas sobre pólas dunha árbore que é un tema cotián no noso románico rural, e que só se atopa en Santo Tomé con dezaseis pombas, e en Castro de Beiro de cinco pombas pero de máis pequeno altorrelevo.

SANTO TOME-Capitel esquerda

santo tome-con cal capitel palomasNo outro capitel, o da esquerda, vense dezaseis pombas postas sobre as pólas dunha árbore que as están peteirando, e que como as landras son a súa mantenza. No recuncho ou vértice do cimacio a cabeza dun dragón amosando ferocidade. A man dereita, no sillar aínda caleado vense un lapidario. (Fotografía deferencia do Doctor en Historia del Arte Carlos Sastre). Á beira o mesmo capitel na fotografía do autor datada en Xullo de 1978, antes de que o desencalara.

‘…Se trata de una interesante pieza en la que el escultor ha representado un árbol y dieciséis aves, algunas en el suelo, otras encaramadas a sus ramas o encima de sus congéneres picoteando los frutos que el vegetal ofrece. Ya José Ramón y Fernández-Oxea le pareció digno de mención y estudio el capitel y, para explicar la presencia de las aves en tan peculiar pieza, echó mano de un viejo trabajo de Francisco Íñiguez Almech en el que se buscaba relacionar aspectos de la iconografía medieval con textos musulmanes. Como lejano paralelo iconográfico, acudió a un cancel visigodo conservado en el Museo de Mérida. Siguiendo esta vía, concluye el autor: “¿Serán pues representaciones de almas-pájaros que después de purificadas en las aguas lustrales de esos ríos invisibles están cantando la gloria de Dios?…

Como podemos comprobar, las aves del capitel de Maside, ahora ya identificadas como palomas, no picotean sus ramas sino esos dulces frutos… Las aves, imagen del hombres espiritual, contemplativo; y las piedras, alusivas a la divinidad’.

…Existen diversas miniaturas que ilustran el texto… El capitel de Maside, anterior a cualquiera de los ejemplares mostrados, no se ajusta a esta composición. Evidentemente, la elección de no situar al feroz animal en la cesta se debió a la falta de espacio, ya que se buscó la simetría compositiva, imagen de la armonía que reina en el árbol. De ese modo, se prefirió esculpir solamente su cabeza’[xxxiv].

Disque na Arte Visigoda está o antecedente máis claro do uso das aves na decoración das igrexas cristiás.

As aves se esculpen para facer confrontar coa alma, habida a conta as exclusivas dotes da especie para o voo, que conleva alonxarse do terreal e acadar o Ceo.

Nun capitel dunha fiestra da girola da catedral de Santiago vese unha serea moi semellante á que deixamos rexistrada na fiestra absidal da igrexa de Maside. Importantes son ademais o outro capitel do arco triunfal e o da porta principal coa moi lograda representación do lobo devorando un año[xxxv].

Encádrase, como xa dixemos, no Románico rural como o outro templo de semellantes características que é o de S. Andrés de Castro de Beiro, ainda que o de Maside revela unha man artística máis fina e depurada.

A conservación deste templo débese á preocupación do veciños que xa no ano 1950 lle engadiron dos sillares a espadana, y no ano 1979 unha nova comisión se puxo a tarefa de restaura-la cuberta e o artesón primitivo case desaparecido, e demais elementos de interese artístico; colecta e venda de lotaría do Nadal do ano 1978[xxxvi], coa obrigada conta corrente bancaria, foron os medios para conquerir salvalo.

santo tome-ventá absidalInterior da ventá absidal, capiteliño do lado dereito.
Na toma fotográfica deferencia do Doctor en Historia del Arte Carlos Sastre. ‘Non picaron a parede na busca da luz do nacente, xa a crebaran no s. XVII para ancla-lo retábulo…’ O fixa-los enclaxes, descubriron a seteira ventá absidal, polo cal se perdeu a pintada imaxe de
Santo Tomé pintada no oco entre capitéis.Vense entre os restos da pintura aínda encalada parte da capa, a man mailo libro que corresponden coa figura do patrono da parroquia.

            A finales do s. XIX, foi obrigado encala-los templos, moitos deles aínda conservaban o encalados anteriores obrigados co gallo de xurdi-la peste. Detrás do deteriorado retábulo que se retirou para acomete-las obras de retella, etc., no ano 1978; Descubríronse pinturas, unha moda tardo renacentista á que se incorporaron decorativas evocacións clasicistas, neste caso de trazos abermellados de tonalidade semellante osoutros testimoniáis restos, os atopados tras dos retábulos queimados no ano 2003, que estaban cubrindo as pegadas das cegadas portas lateráis.

O pica-la parede na busca da luz do nacente, na vertical da seteira ventá absidal, xa foran fendidos os lateráis desta para ancla-lo retábulo, tal como amosan as tomas.

A arcatura da ventá absidal descansa en dúas columnas cos fustes lisos e os seus capiteis, un acordoado a xeito de rede, mellor conservado, aínda que mutilado en parte, e o outro representa a cabeza dun barbudo home alado con cornamenta de cabra, poutas de felino, as e con dúas colas de serpe.

Cada motivo que fomos detallando forman un conxunto armonioso e cheo de beleza, revelando a man de avezados artistas[xxxvii].

‘A porta principal é de construcción análoga ás que viran durante o día; esta mesma coincidencia chamou a súa atención respecto a outros detalles xa de ornamentación xa arquitectónicos e entreles o moi significativo de que en case todas estas igrexas os touros das basas de moitas columnas están unidas ós plintos respectivos por medio de garras, detalle característico dos edificios románicos, pero que apenas temos visto nos monumentos da provincia de Ourense. Quizais puidera deducirse disto a existencia nesta localidade dunha escola de construcción distinta.

A ousía de planta rectangular ten unha preciosa ventá de arquivolta con baquetóns, un touro funicular e enriba dúas franxas, construida a interior por unha serie de arcos e a exterior axedrezada. Nun dos capiteis destas ventás hai tamén uns ben esculpidos capiteis, un na porta da entrada representando unha lebre perseguida por un galgo e outros dous no interior nos que se ve un gracioso grupo de pombas e un home cun caxato noutro. Enriba do frontón no que remata a ábside hai un cordeiro pascual cunha cruz de lacerías igual á de Sta. Comba. Como o tempo apremia regresan a Ourense’[xxxviii].

SANTOTOME O VELLO-´PECHADURA'

Pechadura e chave de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, embutida entre as dúas capas da porta principal cando era a única para acceder ó templo ata o ano 1830, cando
‘agasallaron’ o románico templo coa capela maila sacristía.

AS PINTURAS MURÁIS SANTOMÉ PINTURAS ÁBSIDE ‘…baixo o encalado descubrironse pinturas que cubrían toda a ábsidal parede interior, unha moda tardo renacentista á que se incorporaron decorativas evocacións clasicistas’.

Pinturas que seguindo esquemas múltiples veces repetidos no s. XVII acollen as figuras dá Anunciación deixando no medio a ventá, a esquerda o anxo e a man dereita a Virxe. Arriba as pedras angulares da Igrexa: San Pedro a nosa dereita e a San Pablo a outra man. A destapar o interior da ventá absidal, desapareceu a pintada figura de Santo Tomé patrono da parroquia, pero aínda se albiscan partes da súa capa, e á dereita a mán esquerda do santiño co libro do seu Evanxeo. (Foto autor: Día de Todolos Santos de 1977).

                 Pola revista Porta da Aira pódese entrar no ámbito da Historia da Arte, en especial, da nosa, así no primeiro número don José Manuel García Iglesias fai unha escolma da actividade artística do Renacemento, de xeito concreto na pintura mural na igrexa de Santo Tomé de Maside ‘ O Vello’[xxxix]:

‘Cabe sinala-los murais da vella igrexa de Sto. Tomé de Maside como significativos dun modo de facer coñecedor do renacentista. Consérvanse aquí os frescos correspondentes ó testeiro do templo. Abaixo, seguindo esquemas múltiples veces repetidos represéntanse as figuras da Anunciación deixando no medio a ventá. E arriba, cara os laterais, vese a San Pedro e a San Pablo, pedras angulares da Igrexa, e que, como tales, no seu estado orixinal, debía ocupa-la totalidade do templo. Tamén cabe vislumbra-la presencia de Sto. Tomé, patrono desta feligresía, na figura que se pintaba sobre o lugar dese van que centra o testeiro -que estaba tapiado cando se levou a cabo o fresco-; aínda se pode ver, xusto ás beiras desa ventá, restos do contorno de tal personaxe.

¿Onde está o propiamente renacentista na pintura de Maside? Sobre todo na nova concepción implícita en cada figura, ennoblecida no seu porte, significándose deste modo unha nova dimensión dada á representación humana. Tamén hai novas preocupacións no espacial que repercuten nun interese diferente pola sensación de volume a imprimir ó figurativo. Asimesmo resulta sumamente sintomático o tipo de ornamentación do que se vale o pintor; aí pódese ver unha mostra significativa de cómo o léxico renacente se incorpora á obra pictórica mural, tan usual por entón nas igrexas galegas, rompéndose deste xeito unha inercia decorativa mantida durante séculos’[xl].

            Hai de todo nos capiteis de Santo Tomé, figuras e escenas do Antigo Testamento, interesantes manifestacións da vida cotiá, representación de oficios, de caza, ou seres fantásticos e mitolóxicos os desfigurados capitéis da ventá absidal do interior pero non do exterior.

Trátase dun capitel de cesta troncopiramidal, de coidada labra e de considerables dimensións. Está decorado en cada unha dás súas tres caras a cabeza dun barbudohome con estilizado pescozo que volta a cabeza para peitear entre ás plumaxe dás ás. O collariño, aparentemente oculto, como acontece noutras pezas deste tipo, aparece ben definido baixo as patas e as poutas dos animais que o cobren parcialmente.

A peza, que carece de ábaco e cimacio, está labrada con grande detallismo, sinalando as plumas enconchadas de aguia e os espolóns das patas dianteiras, as poutas de león nas traseiras e o rabo que cruza por enriba do lombo. Nalgún momento debeu de estar policromado pois conserva restos de cor branca, e puramente testimonial a descoorida pintura barrenta, o igual cos capiteis interiores da ventá absidal, a referida cabeza dun home alado por exemplo nos que salienta un pouco máis.

Esta cabeza é unha representación de orixe oriental, un animal fantástico, ambivalente, metade león, metade aguia, que no mundo antigo aparece como vixiante ao servicio de grandes tesouros.

Na Biblia aparece na listaxe de animais impuros polo que en época románica pode aparecer, tanto como un ser do bestiario do Demo, glorificando ó Señor coa súa derrota ou tamén como gardián do corpo de Cristo, polo que se reserva case sempre para decorar os capiteis do interior das igrexas e especificamente os dos arcos torais. En numerosas ocasións represéntanse varios afrontados, bebendo dun vaso ou copa, como Fonte da Vida, ou entre árbores, tamén símbolo da Vida.

Correspondeunos formar parte dunha Comisión Pro-Restauración parroquial, que coa axuda e respaldo do falecido párroco don Benito Pérez Blás, afroutou entre 1978-1979 a recadación en cartos e materiáis, amen da venda de lotería, cargando coa responsabilidade, entre 1978-79, de que non se botara a perder a cuberta, amen de facerlle o altar de pedra, novo artesón e outras portas, todo en castaño.

Un servidor lle prestou moitos fins de semana a darlle duas mans de verniz ó artesón, e a limpa-los capiteis do arco triunfal, que tiñan alomenos tres mans de cal.

Transcurriu tempo como a chuvia levaba e xoia románica ó estrago, a primeiros do ano 1998 a corporación municipal de Maside coa iniciativa do alcalde, trasladou a necesidade do urxente amparo, engadindo memória do que precisaba o edifício románico: valoración, rehabilitación, reparacións, etc., sendo Patrimonio dá Xunta de Galicia a que o recuperararía todo: cuberta, ventás e portas. Quédanos a honra o aportar daquelas ó expediente e á memoria, un estudio e reseñas históricas do ‘noso’ templo.

SANTO TOME-RETÁBULO S.DOMINGO

SANTO TOME RETÁBULO S.FRANCISCOSanto Tome de Maside ‘O Vello’: ‘…pero nos deixou sen os barrocos retábulos instalados na nave’. (Fotos autor Xullo de 1978)

 ***

Foto de La Voz de Galicia, Xaneiro do ano 2003.
A instántanea foi tomada desde o ábsida coa porta principal e a pía bautismal o fondo; Vense os dous capiteis do arco de triunfo (5 e 6 no plano), e a ambas mans da nave os restos da queima dos dous barrocos retábulos, sen imaxes (7 e 8 no plano). Nos fornelos superiores da calle central tiñan pintados sendos santiños monxes, o da dereita a Santo Domingo e o da esquerda a San Francisco.

            Meses despois o templo pasou pola man dun incendiário, que si non levou por diante o feito por Património da Xunta de Galicia, pero nos deixou sen os barrocos retábulos instalados na nave, os mesmos que vemos en fotografías do ano 1978.

SANTO TOME PORTA CEGADA-IªOs retábulos estiveron cubrindo as esquinas entre as hoxe cegadas portas lateráis na nave, e o arco toral, para elo achafranaron as aristas con rozas de calquera maneira, segundo  vemos á que linda co fueste e capitel das pombas. Foto ano 2012.

PILA BAUTISMAL E A DA AUGA BENDITA

SANTOME PILA-2

SANTOME PILA 3-

SANTOME-PILAab

                        REMATE

Dós adros das nosas igrexas desapareceron as lonxevas oliveiras que proporcionaban olivas, e ramas para as festividades relixiosas, de xeito máis concreto para o Domingo de Ramos, xunto cos abondosos loureiros que por certo tamén medraban nos igrexarios, preto dos templos. Tamén a oliveira é o símbolo da paz para os que alí repousan; En Maside no ano 1780 vendéronse por seis reás as olivas das oliveiras dos arredores da igrexa de Santo Tomé, que se asentaron no libro de Fábrica. Os había entre o templo e a desaparecida rectoral da freguesía, no mesmo outrora habitado lugar da Igrexa, ata o val do regato coñecido como de Garabás ou da Rañoa, fonte mineiro medicinal que lle aporta sempre auga, e ata que sexa a única que nas secas recibe. A derradeira árbore que se conservaba ós comezos do s. XIX foi vendida por dez reás. Outra cousa acontecería se a rectoral e as casas da Eirexa estiveran habitadas.

As vellas oliveiras dos camposantos que rodean ós templos de San Miguel de Armeses e de Santa María de Amarante, se viron mais anos despois, alí estiveron ata os comezos da contenda civil.

En Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, engadir que neste aínda se celebran funcions relixiosas: misas moi de cando en cando, e fixo por Defuntos.

Nota:

In memoriam de don Benjamín Rodríguez, autor da altariño de pedra que dispón hoxe a eirexa. O agradecemento do autor a él quen non só se afanou moitísimo en conserva-la vella eirexa de Santo Tomé ‘Vello’, tamen por haber enredado ó autor na emotiva tarefa de fomentar o aprecio por ela. Metemos no equipo a Julio fillo de Benjamín, a Emilio López Rodríguez ‘Rico’ (+) mailo seu fillo Milucho.


[i]  AHP – Parroquia de Santo Tomé de Maside.

2  FERNÁNDEZ OXEA J. Ramón ‘Ben-Cho-Shey’; Caderno de Estudios Galegos,  nº 86, t. XXVIII nº 86 de 1973.

[iii]  RODRÍGUEZ PÉREZ, José Ricardo. ARTE RELIGIOSO EN MASIDE: El primer siglo de la catedral de las

    Tierras de Maside. DIVERSARUM RERUM, Nº 1. Año 2006:‘En el año de 1853 con una comisión parroquial de

    vecinos de Maside: Andrés González, José Portabales y José García, y Jacinto Mato por la Touza, se dirigen al Sr.   Obispo solicitando que “los pueblos de los que son vecinos pertenezcan a la parroquia de Santo Tomé de Maside,   trasladando la iglesia a la villa por ser lugar más céntrico y residir allí un mayor número de vecinos. Las que   en la actualidad se hallan en descubierto procurarán cobrarse lo más pronto posible a fin de que se aliente más y  más el pueblo en llevar a cabo su laudable propósito de trasladar la iglesia parroquial al centro del numeroso  vecindario de Maside, que en el nuevo arreglo de parroquias habrá de pertenecer a una sola feligresía, y por tanto  debe todo el contribuir con la prestación que acuerde para levantar un templo digna morada del Señor, a cuyo fin de ahora para entonces quedan aplicados todos los fondos de la Fábrica y Hermandad con reserva  tan solo de lo preciso para el continuo alumbrado del Santísimo y demás imprescindibles atenciones’.

‘Así se manifestaba el Señor Obispo  tras la visita a Maside el día de San Pedro de 1853. Él  al conocer en situ la situación,  las necesidades del vecindario tras el importante crecimiento de una de las villas de más pujanza comercial, así como las circunstancias que vienen determinadas por la mayor importancia de los cultos en la capilla de San Antonio de la villa de Maside, ya más que en la propia parroquial  sita en el lugar conocido por  Iglesia. Sirva de prueba una de las actas de las Cofradías de Corpus y de San Antonio de 1841 que regía una comisión de vecinos de la villa en torno a la capilla de San Antonio, tres lustros atrás antes de los primeros pasos para el traslado de la parroquia que resumimos: “Las funciones de Corpus y San Antonio en este año tuvieron  relevante solemnidad; “”el Sacramento fue llevado por la calle de Maside  hasta la casa de Juan Bernardo Fernández, desde donde volvió a la capilla en la que se tuvo misa solemne y después reserva también con villancicos y música para lo que han venido profesores de la Catedral de Orense””. Todo ello con un coste de 168 reales. Entre las partidas: clérigos, cera, cohetes y gaiteiro. -Escoceses non eran, no logo, os escorrentarían cos seus estadullos foxianos-.

Luego en 1843 y 1844 a excepción de la presencia de los profesores músicos de la catedral de Orense, estas partidas se mantenían e incluso se detallaban: 10  para el gaiteiro y 24 para cohetes, hasta  un total de 144 reales.

Detalla el Prelado (SIC): “Ha examinado las cuentas de Fábrica y Hermandad extendida desde el último Auto de aprobación del Gobernador Eclesiástico sede vacante que obra en el folio diez y siete y las aprueva cuanto ha lugar en derecho, mandando que a lo sucesivo sea una sola persona la que haya de correr con los gastos así de la Fábrica y Culto como de la Hermandad, precediendo siempre la orden del párroco, y a continuación de la cual procurará recoger el oportuno recibo para sus justificación al rendir las cuentas. Para el desempeño de este cargo, por la Pascua de Natividad de cada año, el pueblo propondrá, bajo su responsabilidad tres sugetos de arraigo, disposición y providad, de entre los cuales el párroco eligirá el que le parezca más a propósito, quedando los otros dos como Consiliarios, fiscales o testigos de abono, a presencia de los cuales y del propio párroco o de quien sus veces haga, rendirá sus cuentas comprensivas desde primero de Enero a treinta y uno de Diciembre, y el entrante se hará cargo o data según corresponde del alcance  que resulte, así como de los créditos que hubiere por manera que todos los años se vea en cada cuenta el haber de la Fábrica y Hermandad, así en existencias como en deudas’.

[iv]  RODRÍGUEZ PÉREZ Xosé Ricardo e  FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: ‘Toponímia e Alcumes no Concello de   Maside’. Concello de Maside e Dp. Provincial. Maside 2001.

[v]   ESTÉVEZ PUGA, José, y colaboradores; ‘Maside y súa Antiga Xurisdicción’, Dep. de Ourense ano 1994.

[vi]   AHDOU –  O non haber nese tempo outro Francisco Bernárdez, ó que fai referencia o Pai Samuel Eiján na ‘Historia de Ribadavia y sus alrededores’ ten que tratarse do terceiro avó de Paco Luís Bernárdez, casado na mesma eirexa o 17-5-1806 con Ángela Fernández, e falecido tamen nesta freguesía o 3-8-1858.

[vii]   P. SAMUEL EIJÁN (O.F.M.) ‘Historia de Ribadavia y sus alrededores. Ano 1920.

[viii]   CHAMOSO LAMAS, Manuel. ‘El castillo de Pena Corneira’. C.E.G. Paxs. 375-388. Ano 1951.

[ix]   AHPOU – Tumbo do Mosteiro de Santa María de Melón. Lb 339, ‘Maside, páxina 9’.

[x]  AHDOU – Fª de s. Pedro de Garabás: Bautizados (24.5.2); e Fª de Santo Tomé de Maside: Casados (24.7.1).

[xi]  AHDOU – Catastro de Ensenada. Maside: Interrogatorio, (24.7.9).

[xii]   AHDOU – Frª de San Martiño de Lago Lib. Bautizados (24.6.5).

[xiii]  ADHOU – Frª de San Martiño de Lago, Lib. de Casados (24.6.4).

[xiv]  AHDOU – Frª de San Martiño de Lago Lib. Bautizados (24.6.5).

[xv]  AHDOU – Freguesía De Santo Tomé, pergamiño B. 2319.

[xvi]  AHDOU – Estadística, Caixa 6.516, data do 5 de Abril de 1844.

[xvii]  AHPOU –  PN – Escribán Juán Súarez de Deza. Caixa 2092. Ano 1688.

‘Sello quarto, diez maravedis,. Año de mil y seiscientos ochenta y ocho.
“Remate de portazgo demaside edhco a Pedro Alvarez y obligado hace a pagar la cantidad en que se eleba Rematado henero 12 de 1688”:
En el lugar de Maside a doce días del mes de Enero de mil y seiscientos y ochenta y ocho años, Ante mia Dn Antonio Pereyra y Castro Merino y juez hordinario desta Jurison. Y de msmo. Y testigos paresció Pedro Alvarez v. de dho  lugar y dijo ponía y pusso tasa al portazgo deste dho lugar con sus framiesas  y agregados que es
propio del Excmo. Sr. Conde de Ribadavia Dueño de esta dha Jurison. En mill y quinientos reales de moneda de vellón laqª hapostara se público y hizo  a saver en el campo de la hermita de San Antonio que acostumbrada por sus criados que si avia otro mayor y por no averlo lo sumo en mill’.

[xviii]   ADOU – 24.7.1/2 – Libros de Bautismo e confirmacións: Confirmados o 2-12-1684 –Maria de Antonio Gaio,Marta hixa de Antonio da Rañoa, Domingo hixo de Antonio Gaio, Magdalena hixa de Domingo dos Moyños, Antonio hixo de Domingo dos Moyños, Catalina hixa de Pedro da Rañoa, Domingo hixo de Domingo dos Moyños, Maria hixa de Alonso dos Moyños, María y Dominga, hixas de Domingos dos Moyños.

[xix]   ESTÉVEZ PUGA, José, y colabouradores; ‘Maside y súa Antiga Xurisdicción’, Dep. de Ourense ano 1994.

[xx]   RODRÍGUEZ PÉREZ, José Ricardo, O Camiño de Santiago desde o Ribeiro polas Terras do Carballiño, Maside e Cea. Actas II Congreso do C.E. Chamoso Lamas, Carballiño ano 1998.

[xxi]   RODRÍGUEZ PÉREZ, José Ricardo. ARTE RELIGIOSO EN MASIDE: El primer siglo de la catedral de las <em Tierras de Maside. DIVERSARUM RERUM, Nº 1. Año 2006.

[xxii]   Ibidem: [SIC]. ‘…Para el cumplimiento de los mandatos espirituales, anúncioles cuarenta días de indulgencias por cada Padre Nuestro que recen ante cualquiera de las imágenes del Patrono Santo Tomás –Esta imagen había sido pintada de nuevo en 1848, siendo el mismo Dean de la SIC, el Vicario Capitular de Ourense don Juan Manuel Bedoya quien supervisa las cuentas que el 4 de Abril le presentan el párroco y los hombres buenos que regían la Hermandad y la Cofradía de San Antonio: don Miguel Vázquez, registrador de la Propiedad, don Andrés González (Casa Grande) y don Juan Sieiro, farmacéutico. Su coste ascendió a 260 reales-: del glorioso San José y San Miguel que se halla en el retablo mayor. Otros cuarenta por cada Ave María o Salve a Ntrª Sra. de la Concepción que se halla colocada en dicho retablo, o a las imágenes de Ntrª Sra. del Carmen y Santa Ana, en el retablo del Evangelio… Y por cada Padre Nuestro ante las imágenes de San Joaquín y San Diego… Así como por cada Ave María del Santo Rosario que recen en la iglesia o en la capilla de San Antonio. Quedando prohibido bajo pena de suspensión que se celebre Misa en la capilla de San Antonio al mismo tiempo que en la parroquial, debiendo ser media hora después.

‘En 1874 era ecónomo de Santo Tomás de Maside don Pedro Ricardo Prado López hermano de don Benigno, y que regentó la parroquia de Cusanca, y luego en Maside, como queda dicho, residiendo en la casa rectoral próxima al cementerio, y hoy desaparecida tras un incendio acaecido cuando estaba de regidor parroquial don Fermín Fernández Pérez natural de Vilela, hijo del latinista don Gabriel Fernández y de Doña Bernardina Pérez; luego de arruinarse y de su posterior demolición, queda tan solo en pié (?) el merendero y la mina que bajo esta manaba hacia los prados del poniente…

Siendo abad Juan Moreno y cofrades administradores: Andrés González, Tomás Mato, Juan Lois y Miguel Vázquez.

En 1876 se volvieron a invertir 30 en retejar la iglesia. y en 1878, 340 reales de una lámpara que el ecónomo mandó venir de Santiago por conducto de Doña Basilisa García.

También se gastaron 5 reales que llevaron por echar una estrella de plata dorada en la cruz parroquial.

Aún con la ampliación no acogía a buena parte de los feligreses, y por ello era evidente la necesidad de erigir un nuevo recinto sagrado de más cabida, y próximo a Maside, núcleo más habitado de la parroquia, máxime cuando a partir del 1893 el número de feligreses llegó aproximadamente a duplicarse, luego de los arreglos parroquiales, al pasar parte de la feligresía de Stª María de Amarante, casi la mitad de la villa de Maside, al gobierno de la de Santo Tomé.

Capela de San Antón año 1893, que antes de ser trasladada del solar que ocupaba, y que cruzaría la calzada de la carretera N-541, Ourense-Pontevedra, al lugar que hoy ocupa el templo parroquial, se remodeló sensiblemente, y de cuya existencia se tenía constancia en 1863 aunque era más antigua, desapareciendo entre otros elementos de su arquitectura estrictamente popular, su pequeño campanario -las campanas si se aprovecharon- y el cabildo.

Años después, el párroco don Fermín Fernández propició la creación de otra comisión parroquial, de la que también formó parte el referido don Andrés González, y que tendría que afrontar las obras de ampliación y mejora de la ermita de San Antón sita en la villa capitalidad del municipio y de la parroquia, contando para ello con el apoyo del concejo. A edificación ten aspecto xeral de Idade Moderna e resultaría de moite interese a análise de varios edificios que manteñen a estructura orixinaria, entre os que ven falar primeiramente do novo templo de Santo Tomé de Maside, coñecido como a catedral das ‘Terras de Maside’, e logo do templo románico, cun orixe que aínda está por descubrir; a teima sigue Ibidem.

[xxiii]   RODRÍGUEZ PEREZ Xosé Ricardo.‘ Viaxe ó berce dos cervato ourensáns. Ágora do Orcellón nº22, Agosto do 2011:’Aos Porto González, fillos do cervato don José Porto Román xa afincado na vila de Maside, débeselles a feitura de tres dos cinco retábulos do templo, o púlpito co seu tornavoz, dos confesionarios, andas, a fornela para o paso de Semana Santa co Cristo xacente, cadeiras de brazos, candeeiros, atrís e demais mobiliario relixioso, e para a sacristía, un pequeno retábulo conmesado e gaveteira para casulas, dalmáticas, albas e demais roupaxe de cerimonia, e armarios auxiliares’.

[xxiv]   GONZÁLEZ GARCÍA Miguel Ángel: El retablo e imágenes de la Capilla del Palacio Episcopal de Ourense,renovados por el Obispo Ilundain en 1908’. Delegación Diocesana de Patrimonio. Ourense. Notas de Patrimonio Auriense, nº 12. Año 2012:

     ‘…La imagen de Santo Tomás para Maside…               

… Se añadió otra de mayores proporciones y destinada a la nueva iglesia que se construía entonces en la villa de Maside, representando a Santo Tomas Apóstol, titular de aquella iglesia. Allí se encuentra actualmente…
…Este regalo es una delicadeza del Obispo don Eustaquio Ilundain (1904-1921), como estímulo a una obra arquitectónica de notable interés que se levantaba entonces y que don Eustaquio con este gesto quería reconocer y agradecer el esfuerzo generoso de quienes llevaban a cabo tan notable empresa. Con esta noticia inédita aclaramos la historia y autoría de esta imagen’.
A los ‘Talleres José Tena de Valencia’ le debemos la autoría. Los mismos tallaron las imágenes de la Inmaculada,San José y el Sagrado Corazón, ambas para la capilla del Palacio Episcopal, que dispone de un Santo Cristo,regalo personal de Monseñor Temiño Sanz.

[xxv]   AHDOU – Libro de bautizados dá freguesía de Santa María de Vilela (Punxín). (24.13.3).

[xxvi]   AHDOU- Libro de bautizados dá freguesía de san Juan de Barrán (Piñor). (12.1.5).

[xxvii]   FERNÁNDEZ OXEA J. Ramón ‘Ben-Cho-Shey’; Caderno de Estudios Galegos,  nº 86, t. XXVIII nº 86 de 1973.

[xxviii]   AHDOU – Libro de bautizados e casados da freguesia deSanto Tomé de Maside, 24.7.1/2, de 1620 a 1668: no ano 1633 consta  como párroco don Francisco de Noboa Vilamarín Bahamonde; e por si houbo erro na lectura do sillar, ou a escritura non foi perdendo, nos ano 1680 consta don Francisco Álvarez e no 1688 don Phelipe de Novoa y Andrade.

[xxix]   RODRÍGUEZ PÉREZ, José Ricardo. ARTE RELIGIOSO EN MASIDE: ‘El primer siglo de la catedral de las  
      Tierras de Maside’. DIVERSARUM RERUM, Nº 1. Año 2006.: ‘el día uno de Enero de 1911 se acarrearon losi>enseres de la vieja iglesia a la nueva’. No obstante, en el inacabado templo tres meses antes, el 8-10-1910, doni Fermín había impartido sus bendiciones al matrimonio entre don Miguel Gómez Rodríguez, emigrante en la i República Argentina, y doña Juana Rodríguez Gómez. Don Fermín escribe al margen de la partida: ‘Este fue el primer matrimonio celebrado en la nueva iglesia parroquial’.

[xxx]   SÁNCHEZ IGLESIAS, Cesáreo, (Arquitecto T. Patrimonio, de raíces masidás), con engadidos do autor.

[xxxi]   PEZA DO MES, Publicación del Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Febreiro año 2008.

[xxxii]   RODRÍGUEZ PÉREZ, Xosé Ricardo; Santa Comba do Treboedo, parroquia de las Tierras de Maside.

Diversarum Rerum, nº 4, ano 2009, gráfico 1º Izdo., páxina 93.

[xxxiii]   SASTE VÁZQUEZ, Carlos, (Doctor en Historia del Arte). ‘Cristomímeses en la iconografía medieval. El

ejemplo de Santo Tomé de Maside. Congreso del C.E. Chamoso Lamas,  Ano 2008.

[xxxiv]   SASTE VÁZQUEZ, Carlos, (Doctor en Historia del Arte). Un eco del Fisiológico en Santo Tomé Vello de

Maside. Congreso del C.E. Chamoso Lamas. Año 2004.

[xxxv]   FERNÁNDEZ OXEA J. Ramón ‘Ben-Cho-Shey’; Caderno de Estudios Galegos,  nº 86, t. XXVIII nº 86 de 1973.

[xxxvi]   Participacións de 100 Ptas. no número 5.604, sorteo de Nadal do 22-12-1978. Na Comisón buscabamos un número que principiara ou rematara en 27, data da festividad de san Vitorio, patrono da Vila, pero non poido ser.

[xxxvii]   RODRÍGUEZ BENJAMÍN, e RODRÍGUEZ PÉREZ, Xosé Ricardo. Diario La Región (Ourense), 9-II-1979.

[xxxviii]   PUIG Y LARRAZ, Gabriel: ‘La Tierra de Maside (Provincia de Orense). Madrid Real Academia de la Historia,1895. [Excursiones por España].

[xxxix]   RODRÍGUEZ PÉREZ, José Ricardo: ‘A Eirexa de Sto. Tomé de Maside e a Porta da Aira’, diario La Región (Ourense) 11-II-1989.

[xl]   GARCÍA IGLESIAS, J.M.: La actividad artística auriense en tiempos del renacimiento.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Teoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s