O xogo da pelota no Carballiño, anos vinte do pasado s.XX

Xosé Ricardo Rodríguez Pérez

O XOGO DA PELOTA

Non todo van a ser traballos, tamén compre folgar, divertirse, e como non xogar á pelota, e así de xeito case de mofa, exposto en un galego abofé rebuscado, escolleito e apostrofado, dinnos que saía a palestra o ‘Carballiño Sporting Club’ o novo equipo da vila do Arenteiro, nome do río, que dito sexa o gallo de, que pasado tempo tamén tivo que ver co xogo da pelota:

O CARBALLIÑO, S.C. (SIC)

‘O outro día quedei en que falaría d’un novo “once” que vai xá para tres meses s’anda anunciando.

Chamarase a nova criatura tresmesina, inda sin vida nin folgos,“Carballiño Sporting Club”, y-a contar por os homes de “sapiencia” “y-esperiencia”qu’andan n-o medio, vai ser unha cousa nunca vista.

Nos direutores, hay homes de bos “pesos”, (150 a 160 libras pouco máis ou menos); hainos “cantadores”; “bailadores”; hainos para meterse en debuxos e saber sair ben d’eles; hainos moi barallás na rúa e moi corteses nas xuntanzas, en fin, qu’é unha direutiva enciclopédica, c-unha “farangulla” de todo… E d’elementos d’esa clase, hai qu’esperar pouco… reir e moito bó.

O primeiro acerto d’ise monton de direutores, foi o arrendamento do edificio social. Esta emprazado no sítio menos andado do pobo para comodidá d’os socios que nunca sentirán barullos que hergan doores de cabeza.

A casa e terrea pra qu’o sair a xente embelesada de ver tanto bén de Dios como alí s’encerra, nadie podia afuciñar, nin dar un mal paso.

Ten tres caras, (unha máis qu’as mulleres). Unha pr’ó sol; entra pr’a sombra, y outra é con vistas ou m…

Pol-a do sol, fixéronlle unhas “antebarrigas”, para qu’os socios podan recibir as carícias do abó Febo e non lle saian sabañós nos “pinrreles”.

Polo lado sombreado, hay unha cortaduría, qu’inda non todos os votos dos direutivos xuntos, nonha poden “votar” d’ali.

Ten un salón qu’é unha verdadeira monaría. Está caleado de blanco na sua maor parte, c-un sombeado en unha cabeceira que parecen as augas avoltas d’un río n-un día de chea. O zócalo d’un color tella crua, com’os d’as cortedurías d’as vilas, con imitaciós de “nublado”, que seguramente dará o golpe…

Pro día oito está anunciado o estreo, (conócese que non saiu con barba), que será algo fora de u’so, polo grande e novo. Haberá baile e descursos por todo lo grande, profecías e renuncias, i o’último algún mandará a Sociedá coa “música a outra parte”.

XAN D’A CRUZ[1]. (SIC – Permítannos insistir).


[1] BPOur. ‘La Región’, 6-12-1924.

About these ads
Esta entrada fue publicada en Teoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s